Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Obradoiro de “Cociña Saudable” organizado polo GALP concitou un récord de participación

Carriola.Galp.03.12.25

julio@carriola.es   

Máis dunha vintena de persoas participaron no taller que acolleu o Espazo Emprendedor – Parque Azul - durante o mes de novembro organizado polo GALP  

O Obradoiro de nutrición e cociña con produtos do mar organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría  en Marín concluíu cun balance moi positivo e récord de participación. Ante a elevada demanda de inscricións, o número de prazas ampliouse ata as 23 persoas.

O taller, que se desenvolveu durante os venres do mes de novembro no Espazo Emprendedor – Parque Azul, combinou formación teórica sobre nutrición e hábitos alimentarios saudables cunha parte práctica centrada na elaboración de receitas con peixe e marisco de proximidade. A actividade, que contou coa colaboración do Concello de Marín, foi impartida pola empresa pontevedresa Vía Nai.

Ao longo das sesións, as persoas participantes puideron preparar diferentes pratos que demostraron a versatilidade e valor nutricional dos produtos mariños da ría. Entre as receitas elaboradas destacan o arroz, a hamburguesa, o pastel ou a empanada con peixes e mariscos de proximidade.

Esta iniciativa, que tamén se levou a cabo en Poio, enmárcase nas accións que o GALP  promove para fomentar o consumo responsable de produtos locais, impulsar unha alimentación equilibrada e dar visibilidade ao potencial gastronómico do sector pesqueiro da comarca.

roslev