Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Comenza a preparación da “III Edición do Festival de Cine do Mar” que organiza o Museo do Mar con apoio do Concello

Carriola.Redacción.20.12.25

julio@carriola.es   

O próximo mes de abril albergará a celabración da terceira edición do “Festival de Cine do Mar” na percura de situar este importante evento na mellor época do ano para dar unha maior cobertura tanto a participantes como a seguidores do mesmo aínda que no mes de xuño manterase a xuntanza de embarcacións tradicionais

O Museo do Mar de Marín presentou onte as primeiras novidades do III Festival Cine do Mar, unha cita xa consolidada na axenda cultural da vila que volverá celebrarse no mes de abril de 2026. O director do festival, Lucas Santiago, foi o encargado de adiantar as principais liñas desta nova edición, que reforza a súa vinculación co mar e coa comunidade mariñeira.

Incorpórase o cine de ficción

Entre as novidades máis destacadas atópase a creación dunha nova categoría de cine de ficción, sempre ligada á temática mariña, que se suma ás seccións xa existentes e amplía o abano creativo do certame. Esta sección terá o galardón Rañorte de Ouro, nomeado en honra a un peixe típico de Marín e que se converterá no símbolo desta edición.

Co obxectivo de non renunciar a actividades no verán, a organización anunciou tamén que no mes de xuño se celebrará unha edición especial de fin de semana, centrada nunha xuntanza mariñeira de embarcacións tradicionais, reforzando así o carácter divulgativo e patrimonial do evento.

Implicacións dos centros de Enseñanza e actividades paralelas

Outra das apostas do festival será a participación dos centros educativos, animando aos colexios a implicarse activamente nas propostas do Cine do Mar, achegando o audiovisual e a cultura mariñeira ás novas xeracións.

Como en edicións anteriores, o festival completarase cunha ampla programación de actividades paralelas, entre as que destacan sesións de showcooking, visitas culturais como a illa de Tambo e outras iniciativas pensadas para todos os públicos.

O III Festival Cine do Mar reafirma así a súa vocación de ser un espazo de encontro entre cinema, mar e territorio, poñendo en valor a identidade mariñeira de Marín a través da cultura.

roslev