Carriola.24.12.25.
julio@carriola.es.
Seguimos coa publicación dos primeiros premios de cada categoría do concurso de Contos de Nadal convocado nos centros educativos polo Ateneo Santa Cecilia este ano no concurso escolar. Hoxe o da categoría “C” 5º e 6º de E.Primaria
O PRIMEIRO NADAL

Adriana Cambeiro Méndez
Ola, chámome Chispa e son un gato laranxa.Este vai ser o meu primeiro inverno. Os meus donos non me entenden pero eu a eles, si.
Hoxe decidiron mercar unha árbore e enfeitala con bonequiños e pelotiñas, cousa que non me parece normal pois, arrincar unha árbore e galanala con peq1uenos xoguetes que non podo tocar é un chisco incomprensible.
O mellor momento foi cando quixeron facer unhas fotos e eu din un chimpo ná árbore. Caeulle enriba a miña dona. A súa nai asustouse e foi levantar á rapaza. Saín correndo e escondinme detrás da caixa dos meus xoguetes.
Chegou toda a familia a comer e eu non daba saído da cociña pois, o bo cheiro so me deixaba pensar en aqueles doces, polvoróns e turróns.
Estiveron falando horas e horas e puxeron uns agasallos baixo a árbore envoltos en papeis moi brillantes pintados con estrelas e acivros. Mentres eles non miraban rasguei os papeis e as caixas pero de súpeto escoitei un berro. Do susto agacheime debaixo do sofá.
Un chisco despois comenzou a marchar xente e escapeime cando a porta estaba entreaberta polas escaleiras, subindo e subindo ata chegar á bufarda. Tremíame o corpo de frío que ía alí. Entón decidín baixar. O ver que viña cheo de pó estiveron a lavarme cun trapo vello e mollado. Por moito que miañaba non me soltaban entón removinme e agarráronme moito máis forte. Canso marchei para a miña cama.
A pesar do acontecido foi un bo día e paseino moi ben. Agora sei que é o Nadal e gustame moito.