Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia dicta o resultado do concurso audiovisual convocado polo “Ano Castelao 2025”

Carriola.Redacción.24.12.25

julio@carriola.es   

  • O Ateneo Santa Cecilia culmina pasado mañán, día 26, o certamen audiovisual que  polo “Ano Castelao 2025” convocou entre os centros educativos sendo o instituto Illa de Tambo e o Colexio Inmaculada de Marín os únicos que se fixeron acreedores aos premios das distintas categorías segundo a decisión do xurado que estivo composto por Rai Calviño Iglesias, Alba Prado Fuentes e Pablo Santiago Martínez e reunido aos efectos de valorar os traballos presentados actuando como secretaria a vicepresidenta do Ateneo Isabel Martínez Epifanio.

O resultado da deliberación efectuada recóllese na seguinte acta:

  • PREMIOS PRINCIPAIS:

PREMIO “MISS LEYDIA” (275€): SALMA E SOMAYA – 4º ESO B, IES ILLA DE TAMBO

PREMIO “MISS LEYDIA” (275€): IRIA E MANUELA – 4º ESO C, IES ILLA DE TAMBO

PREMIO “OLLO DE VIDRO” (200€): FADWA, OLIVIA E CARLA – 1º BACH D, IES ILLA DE TAMBO

PREMIO “CARETAS” (150€): MARINA, SARA E LUCÍA – 1º BACH D, IES ILLA DE TAMBO

  • PREMIOS POR PARTICIPACIÓN:

* CATEGORÍA GRUPAL:

PREMIOS DE 100€:

  • 1º ESO A, IES ILLA DE TAMBO
  • 1º ESO B, IES ILLA DE TAMBO
  • 1º ESO C, ILLA DE TAMBO
  • “ONDE HAI UN CRUCEIRO”– 3º ESO, INMACULADA
  • “OS RUMORES DE VILADEABAIXO” – 3º ESO, INMACULADA
  • “ÚLTIMA HORA”– 3º ESO, INMACULADA
  • 1º BACH A, IES ILLA DE TAMBO
  • 1º BACH B, IES ILLA DE TAMBO

* CATEGORÍA INDIVIDUAL:

PREMIOS DE 50€:

  • “O RIFANTE” – 3º ESO, INMACULADA
  • “TELE CASTELAO” – 3º ESO, INMACULADA
  • “PODCAST CASTELAO” – 3º ESO, INMACULADA
  • “RADIO CASTELAO”– 3º ESO, INMACULADA

A proxección dos vídeos e a entrega de premios serán o venres 26 de decembro, ás 19:00 horas, no auditorio do IES Illa de Tambo e desde o Ateneo prégase a asistencia de todo o alumnado concursante para recoller os seus agasallos.

Agradecemento

  • Por último, o Ateneo Santa Cecilia de Marín quere agradecer a participación dos centros de ensino do Concello neste certame e felicitar ao alumnado polo seu traballo, animándoos a participar nos vindeiros concursos que organicemos dende a nosa entidade.
roslev