Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma Seixo-Marín concentrase diante do Hospital Provincial reclamando unha mellor Sanidade pública

Carriola.Iria Aboy (*).06.01.26

julio@carriola.es   

A Plataforma Seixo-Marín concentrouse diante do Hospital Provincial cun longo pergamiño de desexos a modo de carta dirixida ao xerente da área sanitaria, reclamando contratación de persoal para reducir as listas de agarda na atención primaria e especializada como os tres anos que están a esperar alguns veciños para uroloxía  

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, informa que, como vén sendo habitual na véspera de Reis, unha representación veciñal concentrouse diante do Hospital Provincial cun longo pergamiño de desexos a modo de carta dirixida ao xerente da área sanitaria, José Flores Arias, reclamando “contratación de persoal para reducir as listas de agarda na atención primaria e especializada”.

Comezamos o ano como rematamos o anterior, con reivindicacións e protestas, especialmente no referido á contratación de profesionais. Nesta concentración hai veciños que acumulan esperas para unha consulta en uroloxía de tres anos e dous anos en neuroloxía. Isto é inconcibible. Non nos pode dicir o Conselleiro que están a reducir as listas de espera cando o que temos son listas de agarda mesmo para ver ao médico de cabeceira. Hai cupos no Centro de Saúde de Marín que pasan dos 15 días e en Seixo 11 días.  Non é normal que non se reforce con recursos e con persoal a sanidade pública mentres segue a haber derivacións á privada, mentres se seguen facendo probas e intervencións na sanidade privada e engordando hospitais como o Quirón-Domínguez en Pontevedra.”

A Plataforma tamén rexistrou un escrito dirixido ao xerente da Área Sanitaria, José Flores Arias, onde se recollen as principais reivindicacións. A comezo de cada ano, presentamos as nosas reclamacións por escrito, pero nunca nos contestou a este nin a outros escritos que lle presentamos de maneira oficial.

No Centro de Saúde de Marín é necesario a arranxo do boquete existente na zona do PAC para evitar que chova e tamén o reforzo do equipo electróxeno como reclamamos dende outubro de 2023 porque o actual só cobre a metade das necesidades do centro cando se vai a luz e quedan as consultas ás escuras. En relación ao persoal, o reforzo do servizo de fisioterapia coa contratación de 2 fisioterapeutas máis, que se poña en marcha o servizo de psicoloxía clínica e de nutricionista a tempo completo, non só dous días á semana, no Centro de Saúde de Marín, para reducir as listas de agarda, e que se incorpore podoloxía á carteira de servizos que se prestan. Para o Centro de Saúde de Seixo reclámase que se amplíe a carteira de servizos, coa posta en marcha por exemplo de psicoloxía clínica ou pediatría para atender as necesidades actuais da poboación da zona, contribuír a desconxestionar o Centro de Saúde de Marín e fixar pacientes no Centro de Saúde de Seixo.”

Por último, temos que engadir que non pode ser que o Gran Montecelo vaia polo camiño do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e que ante a reclamación de gratuidade do aparcamento o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, se peche en banda con máis de 12.000 sinaturas de veciñas e veciños enriba da mesa. Como pode ser posible que quen debera defender o público estea fortalecendo os beneficios das empresas privadas a costa de privatizar cachiños da nosa sanidade. Seguen empeñados en enriquecer unha empresa cos cartos de todas nós e non llo podemos permitir

A plataforma augura un novo ano de mobilizacións que arrancará o vindeiro 1 de febreiro cunha manifestación a nivel galego en Santiago de Compostela convocada por SOS Sanidade Pública, ademais doutras accións previas para concienciar e mobilizar a poboación porque coa nosa saúde non se xoga e por desgraza teremos que defendelo tamén neste 2026 que acaba de comezar”.

(*) Iria Aboi Ferradás, portavoz da Plataforma Seixo-Marín

 

roslev