Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG insta ao goberno local no Pleno celebrado o xoves a actuar para mellorar as estradas

Carriola.Lucía Santos Omil.14.02.26

julio@carriola.es   

O estado actual dos viais supón “un risco evidente” e evidencia unha falta de planificación no mantemento da rede viaria. A formación reclama unha avaliación técnica completa do estado do firme e a posta en marcha dun plan integral de actuación con prioridades claras

Lucía Santos Omil

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) levou ao pleno municipal do pasado xoves 12 de febreiro a situación do estado dos viais en Marín, denunciando o deterioro xeneralizado en numerosas rúas e estradas do concello. A formación reclamou ao goberno local do PP que afronte esta problemática de maneira seria e planificada.

Advertimos que son múltiples as vías en mal estado, independentemente da súa titularidade estatal, autonómica, provincial ou municipal, polo que consideramos que o executivo local non pode mirar para outro lado ante unha situación que afecta á seguridade viaria e ao día a día da veciñanza.

Como exemplo están rúas recentemente asfaltadas como Concepción Arenal, a Avenida de Ourense ou a rúa do Forte, onde xa se detectan fochancas e deformacións. A formación cualifica de “inaceptable” que investimentos públicos recentes presenten deficiencias de maneira case inmediata e reclama revisar tanto a execución das obras como os controis realizados.

Tamén nos referimos a situación doutras vías nas que se están a executar obras, como a Rúa do Forte, unha das principais saídas de Marín, que presenta numerosas fochancas. Especialmente preocupante é o estado da

Avenida Jaime Janer, prácticamente intransitable, debido ao paso continuado de maquinaria pesada nas obras da Lameira.

O listado de vías afectadas inclúe tamén Ezequiel Massoni, Recamán, Vidal Pazos, Tiro Naval, Méndez Núñez e José del Río, así como estradas das parroquias como a estrada do Campo, Sete Espadas, a estrada do Grupo en Seixo, As Abexadas, a PO-313 e a súa conexión coa Moreira. Sobre esta últimaxa reclamamos a súa mellora hai máis dun ano sen que se adoptasen solucións efectivas.

Para o BNG, o estado actual dos viais supón un risco evidente e evidencia unha falta de planificación no mantemento da rede viaria polo que reclamamos unha avaliación técnica completa do estado do firme e a posta en marcha dun plan integral de actuación con prioridades claras e calendario definido.

(*) Lucía Santos Omil é a portavoz municipal do BNG en Marín

roslev