Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Trinta e tres edicións da mostra “Voilá la femme”, do Ateneo Santa Cecilia, que abre este ano unha nova dimensión

Carriola.Redacción.03.03.26

julio@carriola.es   

Sorprende incluso nos ámbitos artísticos que, o noso Ateneo Santa Cecilis veña mantendo despois de máis de tres décadas, una mostra artística como a denominada “Voila la femme” que, nesta edición, colaborando co Museo Municipal Manuel Torres, acadará una nova dimensión segundo indicaron onte desde a entidade convocante e o Concello.

Segundo a información recibida en Carriola, A mostra, que cumpre 33 anos reivindicando a arte feminina, terá por primeira vez unha inauguración dual que comezará no Ateneo Santa Cecilia ás 19:30h e continuará no Museo Municipal Manuel Torres e, a colaboración entre ambas as institucións, permite ampliar a participación a 17 artistas emerxentes que exploran temas de igualdade e xénero. 

Sendo así, Ateneo e Concello fai un convidado á cidadanía a inauguración desta trixésimo terceira edición da emblemática exposición ‘Voilà la femme’, que terá lugar mañán mércores, 4 de marzo, a partir das 19:30 horas e, como gran novidade deste ano, o acto de apertura será de carácter dual comezando na sede do Ateneo Santa Cecilia e trasladarase de seguido ao Museo Municipal Manuel Torres.

Desde 1993 con centos de participantes na súa historia 

Centos foron as artistas que ao longo destes 33 anos da historia da mostra presentaron as súas obras nunha exposición que, segundo indican desde o propio Ateneo, “Naceu en 1993 na antiga sede do Ateneo Santa Cecilia, na Rúa Caracol para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo) a través da creación artística e, na actualidade, o proxecto presume de ser a exposición colectiva de mulleres artistas con máis lonxevidade do continente europeo que actualmente atópase baixo a coordinación e o comisariado da artista Celeste Garrido, coa novidade neste ano do patrocinio do Concello de Marín, mediante a institución do Museo Manuel Torres”, 

Dezasete artistas expositoras nesta edición

As creadoras que participan nesta XXXIII edición son: Jimena Arenas Costas, Susana Beatriz de Castro Teixeira, Rolina Ferru, Mencía González Fana, Sara González González, Martina Migliarini da Costa, Carlota Montes López, Laura Paz Iglesias, Xoana Penas Portabales, María Paulina Petz García, Alejandra Pardo Martínez, Alba Pino Gregores e Taro, Mariña Rey Noya, Ise Rodríguez, Aldara Rodríguez Pena e Yanina Angela Sgro.

“Voilà la femme” - engaden desde a organziación do evento-“Funciona como unha plataforma de visibilidade para creadoras emerxentes, moitas delas recentemente graduadas e vinculadas estreitamente con Galicia. Máis alá de procurar a paridade no mundo da arte, a mostra destaca por abordar temáticas que historicamente foron invisibilizadas polo canon clásico, tales como a identidade e o xénero, a igualdade, o corpo, a sexualidade, a maternidade, os coidados ou as inquedanzas propias e achegas estéticas das mulleres na arte actual, entre outras.

Unha mostra en dúas sedes

Dada esta alta participación e o nivel artístico das obras, a organización decidiu dividir a mostra en dúas sedes, a súa histórica referencia do local do Ateneo Santa Cecilia e o Museo Manuel Torres . Deste xeito tamén será unha inauguracion en dúas partes, por un lado na sede do Ateneo as 19,30 horas e, a continuación, nas salas do Museo tras o cal, a mostra poderá visitarse ata o día 27 dese mes sendo o horario da sede do Ateneo de 18 a 20,30 horas de luns a venres, e no Museo Torres, o habitual da apertura do centro.

roslev