Carriola.Redacción.14.03.26
A raíz da moción que o BNG presentou ao Pleno do pasado xoves referida á petición á Xunta para que lidere un Plan Integral para Castiñeiras, motivou un debate entre Lucía Santos que defendeu a moción do seu grupo que Carriola publicou hai uns días integramente, e Marian Sanmartín, concelleira de Medio Ambiente e cuia intervención tamén íntegra, ao marxen do debate, foi a seguinte:

Marian Sanmartín, concelleira de Medio Ambiente
Para nós, dende fai 14 anos, o Lago de Castiñeiras foi unha aposta clara, unha prioridade. E así o demostramos! Non con propostas, nin con palabras, senón con traballo e con feitos!
Cando chegamos ao Goberno, o Lago estaba deteriorado e abandonado. Chegamos nun momento no que non estaba permitido asar, debido a un decreto estatal e a correspondente lei autonómica que se promulgara polo grave incendio que acontecera en Guadalaxara e que prohibía acender fogueiras no monte para cociñar. Isto ocasionara que a xente, tanto veciñanza de Marín e arredores, como turistas, deixaran de visitar o Lago.
Por iso, puxémonos a traballar en recuperalo. Primeiro, fixemos un proxecto para un asador homologado, tramitamos as autorizacións pertinentes (Augas de galicia, Medio Rural, Conservación da Natureza, Patrimonio…), conseguimos financiación e fixemos o primeiro asador homologado de Galicia.
E non fixemos un. Fixemos dous, un para cada zona das dúas comunidades de montes, que despois serviron como modelo para outros lugares e que a día de hoxe permiten cociñar durante todo o ano, convertíndoo nun lugar perfecto para comidas ao aire libre.
Pero é que o parque infantil tamén era un desastre. Máis que un parque, era un perigo, así que o retiramos e fixemos un proxecto e os trámites para renovalo e crear un novo. Pero non fixemos un. Fixemos dous, un para cada zona das dúas comunidades de montes.
E mentres, cada verán o Lago quedaba sen auga, e sabendo que era un punto clave para cargar auga cando hai incendios preto, tivemos que facer os traballos de vaciado do caudal do Lago, para levar a cabo o sellado das grietas presentes no muro, e así recuperar a imaxe e a seguridade.
E melloramos o vallado, cambiando tramos completos nas zonas que o precisaban.
E cambiamos toda a sinalización.
E fixemos a Ruta das Mámoas, actuando en todos os restos arqueolóxicos, sinalizándoos, desbrozándoos e poñendo información a disposición dos visitantes en paneis.
E conseguimos 2 millóns de € do Plan de Sostibilidade Turística e non tivemos dúbida de investir case a metade no Lago.
Con eses fondos, fixemos un proxecto de posta en valor na entrada ao Lago, na zona da Comunidade de Montes de San Xulián, reorganizando o tráfico, apartando os coches do muro, creando unha zona para os peóns, un auditorio ao aire libre, un aparcamento para coches e autobuses, recuperamos o sendeiro que rodea o Lago, dotamos de novo mobiliario, etc.
E agora está en licitación a creación dunha ruta BTT para profesionais e outra familiar para que todo o mundo poida desfrutar do entorno do lago dunha forma diferente.
E pronto estará en licitación outro proxecto de posta en valor na zona da Comunidade de Montes de Santomé, coa recuperación dun miradoiro precioso, que vai potenciar unha zona que actualmente está intransitable.
E mentres facíamos todas estas obras e melloras, da man das Comunidades de Montes de Marín, tramitamos a figura de protección do ENIL (Espazo Natural de Interese Local). E cando por fin a conseguimos, as CCMM decatáronse das enormes limitacións que supoña para o uso dos espazo forestal e por iso nos pediron que non seguiramos adiante, algo que entendimos perfectamente.
Acordamos con eles que a alcaldesa liderara un proxecto supramunicipal coa Deputación de Pontevedra que permitira que os técnicos do Areeiro supervisaran todas as decisións e todos os traballos que se desenvolvan no Lago. E todo isto baixo o paraugas dun Plan Director que atendera a diversidade botánica, a seguridade vexetal das especies arbóreas, as recomendacións para aumentar a diversidade, o mantemento e en definitiva a mellora do entorno a todos os niveis.
E por certo... o conseguiu. A Deputación está liderando ese proxecto cunha financiación de 55.000€ anuais para o fomento do emprego de persoas con discapacidade que realicen traballos de mantemento do parque forestal de Castiñeiras e coa posta a disposición da estación fitopatolóxica do Areeiro para a creación dese plan director, que abarca máis de 60 hectáreas pertencentes ás comunidades de montes de San Martiño e Santa Cristina, do Concello de Vilaboa, e de San Xulián e Santomé de Piñeiro, do Concello de Marín.
Porque ademais, e vanmo a permitir, fumos moi xenerosos, querendo que esta iniciativa non fóra só para o termo municipal de Marín, senón que chegase a toda a extensión do lago e do Parque de Cotorredondo, porque entendemos que o lago o necesita.
E todo acompañado dun proxecto social con maiúsculas que está levando a cabo a Fundación Juan XXIII, que está conseguindo dar un valor ao Lago coma nunca imaxinamos.
Mocion rexeitada
Tras o debate do tema a moción do BNG quedou rexeitda cos votos en contra do PP e a abstención de PSOE co que só tivo catro votos a favor do propio grupo propoñente
a