Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Casares defende que os GALP conten cun papel forte e un orzamento á altura no MFP 2028-2034

Carriola.PSOE.21.03.26

julio@carriola.es   

O eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, comprometeuse a defender que os Grupos de acción local pesqueira e acuícola (GALP) conten cun "papel forte e un orzamento á altura" no próximo orzamento comunitario 2028-2034.

Casares trasladou esta posición durante unha reunión mantida este xoves no Parlamento Europeo cunha representación dos GALP de España. No encontro, o eurodeputado galego e portavoz de Pesca da Delegación Socialista Española, puxo en valor as iniciativas de desenvolvemento local participativo como un elemento crucial para o desenvolvemento das comunidades costeiras en España.

Precisamente por iso, manifestou o seu rexeitamento aos recortes orzamentarios propostos pola Comisión Europea, que poderían alcanzar ata dous terzos do financiamento actual,  cualificándoos como "o maior recorte da proposta orzamentaria e da historia".

Para Casares, este recorte evidencia "a falta de prioridade que esta Comisión outorga ao sector da pesca e a acuicultura", así como un "profundo descoñecemento" do papel desempeñado polos grupos de acción local pesqueira na xeración de emprego e na diversificación da actividade económica nas comunidades costeiras.  

Por iso, Casares comprometeuse a "traballar para garantir a súa continuidade" no próximo marco financeiro, defendendo que estes grupos deben manter unha entidade propia e diferenciada.

Así mesmo, subliñou a necesidade de asegurar un financiamento suficiente e unha participación efectiva nas políticas de desenvolvemento das zonas costeiras, para que os GALP poidan seguir desenvolvendo "un labor indispensable para garantir a cohesión territorial, reducir desigualdades e impulsar o emprego e a actividade económica no litoral".

roslev