Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta oferta para Semana Santa 550 prazas para coñecer as Illas Atlánticas a través de rutas guiadas

Carriola.Consll.M.A.22.03.26

julio@carriola.es   

A Xunta de Galicia ofertará esta Semana Santa un total de 550 prazas para coñecer as Illas Atlánticas a través de rutas guiadas de carácter gratuíto. Para participar, os interesados poderán anotarse o mesmo día da visita nos puntos de información de Cíes e Ons aínda que tamén haberá 134 prazas dispoñibles nalgunhas das rutas que se poderán tramitar en liña a través da central de reservas do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Estas visitas, dirixidas por guías profesionais do propio espazo natural, pretenden dar a coñecer un ano máis o patrimonio ambiental e paisaxístico destes arquipélagos así como aspectos destacados da súa historia. En canto ás rutas, están pensadas para grupos reducidos co fin de garantir unha experiencia de calidade e o máis personalizada posible, á vez que se respecta e preserva a contorna natural.

No caso das illas Cíes e Ons haberá itinerarios guiados a pé todos os días, entre o 28 de marzo e o 5 de abril, con diferentes horarios, percorridos e contidos que combinarán temas de fauna, flora, paisaxe, xeoloxía e historia. A maiores, tamén se pode reservar praza para realizar nas Cíes a ruta Illa de paisaxes —que se celebrará ás 12,00 horas os días 28 e 29 de marzo e 2,3, 4 e 5 de abril— e o martes 31 de marzo organizarase un itinerario de carácter histórico a un miradoiro, baixo o título Cíes no tempo.

En Ons haberá dous tipos de roteiros: Unha illa de dúas caras, os días 28 e 29 de marzo e 2,3 e 5 de abril e centrada máis na riqueza paisaxística, e Os primeiros poboadores, que o 1 e o 4 de abril ofrecerán aos participantes unha visión histórica da illa.

Actividade para menores de idade

Cómpre subliñar que todas estas rutas están pensadas para adultos, pero a oferta do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia tamén inclúe propostas máis familiares recomendadas para menores de idade, de entre 5 e 12 anos. Así, a través da actividade Detectives na praia, cunha boa acollida en anos anteriores, os participantes descubrirán os rastros de animais e algas que o mar deixa sobre a praia e investigarán sobre a vida destas especies mariñas. Esta actividade celebrarase o domingo 29 de marzo pola tarde en Cíes e o 5 de abril ao mediodía no caso de Ons.

Polo que respecta á illa de Cortegada, a ruta guiada O segredo dun bosque no medio do mar será de carácter histórico e botánico e centrarase nas árbores e ruínas de edificios antigos. Está prevista para o xoves 2 de abril e o domingo día 5 pola mañá.

En canto a Sálvora, este ano non haberá rutas guiadas polas obras que se están a acometer nestes momentos en varios puntos da illa.

Practicar sendeirismo no parque nacional

O Parque Nacional das Illas Atlánticas vén ofrecendo de forma case ininterrompida este tipo de itinerarios guiados e de balde por Cíes e Ons, coincidindo cos períodos nos que hai servizo de transporte regular en barco a ambos arquipélagos.

A maiores, cómpre lembrar que en todas as illas existen itinerarios sinalizados pensados para visitantes que queiran practicar sendeirismo neste espazo natural protexido. Cada unha destas rutas está marcada cunha cor e tanto nas propias illas como na web do parque hai dispoñibles folletos explicativos cos percorridos.

En todo caso e coma sempre, para poder acceder ao Parque Nacional esta Semana Santa é imprescindible que os visitantes adquiran pola súa conta un billete de barco con calquera das navieiras autorizadas a operar o servizo de transporte regular ás illas. Será nese momento, unha vez comprado o billete, cando a autorización de acceso outorgada pola Xunta quede confirmada e se lle remitirá por correo electrónico ao solicitante, que poderá descargala se o prefire desde a propia páxina web.

En Cortegada non hai transporte regular polo que é a dirección do parque a que xestiona o barco, pero o prezo do billete deberá ser abonado de igual modo polos participantes antes da ruta e seguindo as indicacións que se lle dean.

Cómpre lembrar que calquera das rutas ofertadas en Cíes, Ons e Cortegada en Semana Santa son susceptibles de ser anuladas polo parque nacional en función das condicións meteorolóxicas ou por incidencias organizativas que poidan xurdir.

roslev