Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello abre a convocatoria do “XXIII Premio de Poesía Concello de Marín” no ámbito das “Letras Galegas”

Carriola.Concello de Marín.21.03.26

julio@carriola.es    

O Concello de Marín mantén a tradición literaria coa convocatoria do “XXIII Premio de Poesía” que se alterna anualmente co de “Narración Curta” coa particularidade de que este ano só poderan participar menores de 35 anos

O Concello de Marín anunciou hoxe a apertura da convocatoria para o XXIII Premio de Poesía Concello de Marín, unha edición que busca dar continuidade á tradición literaria impulsada polo municipio co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

O certame pretende consolidarse este ano como un espazo de referencia para a creación poética emerxente. Enmárcase dentro do que será un novo evento literario, que se impulsará para a fin de semana do Día das Letras Galegas, que recollerá a estela de Vila do Libro e do que se darán máis detalles de cara ás próxímas semanas.

Un trampolín para novas voces 

A principal novidade desta vixésimo terceira edición é a limitación da idade de participación, fixada entre os 18 e os 35 anos. Con esta medida, o Concello de Marín quere fomentar os novos talentos e que o galardón sirva de trampolín para novos/as poetas, dándolles un impulso nas súas carreiras literarias a través do recoñecemento público e unha dotación económica atractiva.

Requisitos e premios

As bases establecen que os traballos presentados deberán ser en lingua galega, orixinais e inéditos. A temática é libre e as obras terán unha extensión mínima de 100 versos, podendo formar parte dun só poema ou de varios. Os criterios de valoración terán en conta a orixinalidade no tratamento da temática, o emprego dunha linguaxe e estilo ricos, así como o rigor e a calidade da obra.

O certame conta cos seguintes premios:

  • Un premio único de 1.000 euros para a obra gañadora.
  • Un accésit de 200 euros para aquel traballo que recolla os méritos suficientes para ser destacado, aínda que non reciba o premio principal.

Prazos e presentación

O prazo para a recepción de orixinais vai do 20 de marzo de 2026, ata o 4 de mayo de 2026 ás 14.00 horas.

Seguindo o sistema de plica para garantir o anonimato, as persoas autoras deberán presentar os seus traballos en dous sobres pechados. A presentación farase, preferiblemente, en formato dixital (USB), aínda que se mantén a opción da presentación en papel.

Un xurado composto por persoas de relevancia do mundo da cultura e da literatura galegas avaliará as obras presentadas. O fallo farase público o 14 de maio a través de todas as canles de comunicación oficiais do Concello. A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, onde as persoas premiadas se comprometen a acudir para recoller o galardón e realizar unha lectura pública do seu traballo.

Para máis información e consulta das bases completas, as persoas interesadas poden dirixirse á páxina web municipal (www.concellodemarin.es).

roslev