Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A elite do ciclismo feminino mundial darase cita mañán en Marín para iniciar a etapa da volta a Esapaña

Carriola.Rmt.02.05.26

julio@carriola.es     

Despois de 10 anos, Marín volve ser o epicentro do ciclismo internacional. A saída da Volta Feminina by Carrefour será o gran acontecemento deportivo do domingo, 3 de maio, co corte de cinta ás 11.20h e un percorrido que atravesará as rúas Almuíña, Real, Sol, Concepción Arenal, Jaime Janer, Recamán, Ezequiel Massoni, José Trasande e Avenida de Ourense, para logo seguir pola PO-551.

Importantes avisos de mobilidade

Desde hoxe sábado, comezarán os traballos de organización e loxística e haberá que ter en conta, segundo comunican desde o Concello que: 

  • Non se poderá utilizar o parking público de Praza de España desde o sábado 2 ata o domingo 3 ao mediodía.
  • Habilitarase parking alternativo no interior do Porto.
  • Hoxesábado poderase circular con normalidade pola Av. de Ourense e acceder directamente ao parking do Porto a través dun vial habilitado paralelo ao peche portuario, con entrada lateral polo Cemiterio de Chalanas.
  • O domingo, a circulación pola Av. de Ourense SÓ chegará ata a rotonda nova. Nese punto SÓ se desvirará o tráfico por dentro do Porto para ir ao P habilitado. NON se poderá saír con vehículo á Praza de España.
  • Nesa mañá, a parada de autobús frente á Praza de España estará anulada e ubicarase de xeito temporal unha na Avenida de Ourense, á altura do concesionario que hai despois da Biblioteca Municipal Vidal Pazos.
  • Durante a saída da volta, poderán producirse cortes puntuais entre as 10.50 e as 11.45 horas nas rúas polas que pasa o percorrido, que son: Almuíña, Real, Sol, Concepción Arenal, Jaime Janer, Recamán, Ezequiel Massoni, José Trasande, Av. de Ourense.

En todo momento, haberá un importante despregue de Policía Local e persoal voluntario para axudar con calquera dúbida.

roslev