Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Marinenses Hockey Club” celebra o cuarto posto do campionato gallego conseguido polos benxamíns est fin de semana

Carriola.Redacción.24.05.26

julio@carriola.es     

O equipo benxamín do Marinenses Hockey Club pechou a súa participación no Campionato Galego de Hockey Herba cun meritorio 4º posto entre os 8 mellores equipos de Galicia.

Os marinenses loitaron ata o final polo bronce fronte ao Barrocas, demostrando entrega, compañeirismo e unha gran evolución durante toda a competición.

Dende o club destácase o orgullo polo esforzo e actitude dos nenos e nenas dentro da pista, nun campionato que deixa grandes aprendizaxes e moita ilusión para o futuro.

O equipo tamén quixo agradecer o apoio do seu patrocinador Dibay, fundamental para seguir impulsando o hockey base en Marín.

Este resultado supón un paso máis no crecemento do club e o inicio de moitos campionatos por vir. 

roslev