Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Máis de 500 jubilados da UGT celebran mañán no pabellón do instituito Illa de Tambo o seu “XII Encontro”

Carriola.Redacción.05.06.26

julio@carriola.es  

A Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT-Galicia celebrará mañá, día 6, en Marín o XIII Encontro de xubilados, acto, ao que asistirán preto de 500 xubilados e pensionistas de toda Galicia  no que se falará sobre servizos sociais, dependencia, pensións, como está a afectar a dixitalización aos máis maiores e porase enriba da mesa a necesidade dunha Lei integral das persoas maiores.

Está previsto que o acto comece ás 11.00 horas no IES Illa de Tambo, en Marín, e nel intervirán o secretario xeral de UGT-Galicia, Cristóbal Medeiros; a secretaria executiva de UGT Cristina Estévez; o secretario de Formación da UJP-UGT, Ángel del Carmen Escalera; e a alcaldesa de Marín, María Ramallo

Na apertura da xornada dirixirán un saúdo aos asistentes o secretario xeral da UXP de UGT-Pontevedra-Arousa-Deza, Manuel Souto; e o secretario xeral de UGT-Pontevedra- Arousa-Deza, Ramón Vidal.

Tamén están previstos dous actos homenaxe, nun deles recoñecerase a militancia dunha das mulleres do Sindicato afiliada á UXP e noutro a traxectoria dunha das persoas máis maiores do Sindicato en Galicia e que aínda mantén unha militancia activa. Ademais, asistirán numerosos invitados institucionais e membros das comisións executivas das unións comarcais de UGT e das federacións en Galicia.

Tras o acto sindical, os 500 xubilados e pensionistas que acudan ao acto procedentes de toda Galicia gozarán dun xantar.

roslev