Carriola.CR.RdM.30.06.26
O Club Remo Ría de Marín asinou unha destacada actuación no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Olímpico Alevín- Infantil e Veterano, celebrado en Castrelo do Miño a pasada de semana. A delegación marinense colleitou un total de cinco medallas, incluindo unha dos veteranos, e logrou situar a varios dos seus deportistas nos postos de honra das finais autonómicas.
O grande éxito da xornada chegou na modalidade de Skiff Infantil Masculino, onde

Alejandro Estébanez Durante impúxose con autoridade proclamándose campión galego. Na mesma proba, o seu compañeiro de club, Rubén Sobral Barros, asinou o terceiro posto, sumando a medalla de bronce para o equipo e Xabi Mowbray Bacelar acadou a 9ª posición. En infantil féminas Elena García González acadou a 4ª posición .
Tamén en categoría infantil pero en modalidade 2x a tripulación formada por Mauro Fernández Pintos e Johel Bangueses Moya logrou a medalla de bronce.
En canto aos máis pequenos, os alevíns,

Fabián Fernández Pintos amosou o seu gran futuro ao conseguir un terceiro posto en Masculino Alevín 1x, mentres que Diego Crespo Buceta quedou 6º.
Cun balance de catro podios autonómicos, o Club Remo Ría de Marín consolida a calidade da súa canteira no remo olímpico galego. Mentres que os veteranos Pilar Vázquez e Francisco López conseguiron o ouro como tripulación mixta en veteranos.
Este xoves viaxará a Sevilla unha pequena delegación destas categorías para participar no Campionato de España. Moita sorte!