Carriola.Redacción.09.07.26
Primeira xornada do “Peque Cine” celebrada no local do Ateneo Santa Cecilia na que rapaces e rapazas puideron dar renda solta a súa imaxinación coa creación dunha historia e

personaxes dentro do obradoiro de Stop Motion, primeiro dentro das actividades que abrangan o mes de xullo organizadas por Marín de Cine.
Hoxe, xoves, día 9 terá lugar a segunda na que os rapaces disporanse a recrear os escenarios previamente acordados en grupo para poñer en marcha a primeira das prácticas técnicas co uso da cámara de video.
Hay prazas vacantes para esta actividade
Marín de Cine informa que aínda hai prazas libres para quen queira formar parte destas actividades que se desenrolan de 9.30h a 13.30h os martes e xoves no local do Ateneo Sta. Cecilia.
A reserva de praza, que tamén serve para colaborar ao aporte de materiais é de 30€ e o contacto para l inscrición é no teléfono 669 83 72 79 ou no corrreo marindecine@gmail.com .