Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Plan CER de Marín supera xa os 170 gatos atendidos e consolida a rede de colonias felinas controladas

Carriola.CdM.28.07.26 

A concelleira Mónica Viqueira visitou hoxe a colonia de Fondo do Saco, unha das primeiras en contar coa nova sinalización informativa, para facer balance do programa municipal e apelar á colaboración cidadá para respectar estes espazos. 

O Concello de Marín continúa avanzando na implantación do Programa Municipal de Control Ético de Colonias Felinas mediante o método CER (Captura, Esterilización e Retorno), cun balance moi positivo desde a posta en marcha da colaboración coa Deputación de Pontevedra a finais de outubro de 2025, e dando cumprimento así á Lei de Benestar Animal.

A concelleira Mónica Viqueira, desprazouse onte ata a colonia felina de Méndez Núñez - Fondo do Saco, unha das que xa conta co novo cartel identificativo instalado polo Concello, para facer balance do traballo desenvolvido e explicar as seguintes fases do programa.

Control da poboación felina

Desde o inicio desta colaboración, 171 gatos e gatas comunitarios foron esterilizados, vacinados, desparasitados e chipeados, un labor que permitiu avanzar de maneira decisiva no control da poboación felina do municipio. Ademais destas actuacións preventivas, o programa tamén atende as asistencias veterinarias básicas e as urxencias, como poden ser animais atropelados ou con outras incidencias.

Outro dos piares fundamentais do plan é a alimentación controlada das colonias. Neste período, o Concello repartiu 765 quilos de penso entre as persoas coidadoras autorizadas, garantindo unha alimentación adecuada e ordenada dos animais.

roslev