Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Pleno do Concello de Marín aproba por unanimidade o seo primeiro “Plan de Igualdade do Personal Municipal”

Carriola.CdM.21.08.26 

O documento parte dunha diagnose da realidade do persoal municipal e establece medidas concretas en materia de selección, formación, promoción, conciliación, retribucións, prevención do acoso, violencia de xénero e saúde laboral

O Concello de Marín aprobou no Pleno da Corporación, o 1º Plan de Igualdade do Persoal do Concello de Marín, unha ferramenta que nace co obxectivo de seguir avanzando na igualdade efectiva entre mulleres e homes dentro da propia Administración municipal. A proposta, defendida pola concelleira de Igualdade,

Marián Sanmartín, contou co voto favorable e unánime de todos os grupos políticos da Corporación.

“A igualdade tamén ten que empezar dentro da propia Administración”, sinalou Sanmartín durante a presentación do documento, que parte dunha diagnose da realidade do persoal municipal e identifica aqueles ámbitos nos que é necesario seguir traballando.

Entre as conclusións desta análise destaca que a estrutura do persoal municipal presenta unha infrarrepresentación feminina nalgúns grupos profesionais. É o caso, por exemplo, de determinadas brigadas municipais vinculadas a Obras, Augas, Electricidade ou Cemiterios, entre outras.

O caso das retribucións salariais

Outro dos aspectos recollidos na diagnose é a existencia dunha fenda retributiva do 10% nas medias salariais e do 26% nas medianas. Desde o Concello aclárase que estes datos non responden á existencia dunha discriminación salarial directa, senón que están relacionados, entre outras cuestións, coa propia distribución dos postos de traballo e coa maior percepción por parte dos homes de determinados complementos, como poden ser as horas extraordinarias, a nocturnidade ou os festivos.

Precisamente, o Plan establece unha folla de ruta para actuar sobre estas e outras cuestións, mediante medidas concretas nos ámbitos da selección e contratación, formación, promoción profesional, conciliación e corresponsabilidade, retribucións, saúde laboral e prevención da violencia de xénero, así como na prevención e actuación ante posibles situacións de acoso sexual e por razón de sexo.

Seguimento anual

A concelleira de Igualdade salientou que a aprobación do documento “non é o punto final, senón o comezo do traballo”. Neste sentido, o propio Plan establece un sistema de seguimento anual, que permitirá comprobar o grao de cumprimento das medidas previstas, avaliar os seus resultados e introducir, se fose necesario, as correccións ou melloras oportunas.

roslev