Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Marín de Cine” abre a chamada de novos abonados do “Cineclub Marín” e prepara a programación de outono

Carriola.MdC 02.09.26

julio@carriola.es

Marín de Cine fai unha chamada á veciñanza para sumarse como novos abonados e abonadas do Cineclub Marín, que retomará a súa actividade no mes de outubro cunha nova programación de proxeccións, ciclos e encontros arredor do cinema galego e audiovisual contemporáneo.

O abono anual individual terá un prezo de 30 euros, mentres que o abono familiar será de 50 euros. Ademais, as persoas abonadas poderán levar unha camiseta de Marín de Cine por 15 euros adicionais. Estas achegas están destinadas a contribuír aos gastos derivados da organización, programación e desenvolvemento das actividades do Cineclub ao longo do ano. Para consultas, información ou novas altas, as persoas interesadas poden escribir directamente a cineclubmarin@gmail.com.

A organización dará a coñecer proximamente as datas e a programación completa que se desenvolverá entre os meses de outubro e decembro, dando continuidade ao modelo iniciado nos últimos ciclos do Cineclub: combinar a exhibición cinematográfica coa presenza en Marín de realizadores e referentes do audiovisual galego, favorecendo o encontro directo entre cineastas e público.

Entre os nomes previstos para esta nova temporada figura Olmo Couto, recentemente galardoado na quinta edición da MAC Marín co premio á Mellor Longametraxe polo documental Serê Kaniyê. O realizador regresará a Marín para presentar novamente o filme, desta volta nunha sesión que permitirá afondar de maneira máis pausada no seu proceso creativo, na realidade retratada e na experiencia vivida durante a rodaxe. A organización garantirá ademais nesta nova proxección unhas condicións axeitadas de subtitulado e tradución da obra, corrixindo os problemas técnicos rexistrados durante o seu pase no festival.

Pola programación de outono tamén está previsto que pasen cineastas como Ángeles Huerta, Sonia Méndez e Anxos Fazáns, unha das grandes protagonistas da quinta edición da MAC Marín. Fazáns recibiu o premio á Mellor Dirección por As liñas descontinuas, filme no que Mara Sánchez, no papel de Bea, e Adam Prieto, como Denís, protagonizan a historia.

Marín de Cine anunciará moi pronto tanto o calendario completo como as sesións e encontros que conformarán esta nova etapa do Cineclub Marín.

BALANCE DA 5ª EDICIÓN DA MAC MARÍN

Desde Marín de Cine, a valoración da quinta edición da “Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín” ,MAC Marín é máis que positiva. Para a organización foi unha edición redonda,

tanto pola participación de obras como pola resposta do público ao longo das diferentes xornadas.

«Todo se pode perfeccionar e cada edición sérvenos para aprender, pero estamos máis que satisfeitos co resultado. Conseguimos encaixar unha programación moi heteroxénea e, ao mesmo tempo, cun nivel de calidade moi alto, combinando cinema, novos formatos, ficción sonora, creación dixital, formación e encontros cos profesionais».

A consolidación da MAC tamén se deixou notar no recoñecemento recibido por parte de numerosos referentes do ámbito cultural e audiovisual galego. Á pertenza da Mostra a diferentes redes e circuítos de festivais súmase unha edición na que a presenza de cineastas, profesionais, institucións e público reforzou o papel do festival como punto de encontro entre a creación audiovisual e a veciñanza de Marín.

As cifras reflicten tamén o crecemento do proxecto: 46 obras conformaron a selección oficial da vertente cinematográfica, mentres que outras 49 producións participaron nas categorías de ficción sonora e Actual Play, o que supuxo un total de 95 producións seleccionadas dentro das diferentes seccións competitivas da quinta edición.

 

roslev