Carriola.Redacción 05.09.26
julio@carriola.es
O programa das Escolas Deportivas Municipais conta cunha investimento anual do Concello de máis de 100.000 euros, que permite ofrecer ás familias unhas condicións económicas accesibles e prezos subvencionados para facilitar que os nenos e nenas poidan practicar deporte con independencia da disciplina escollida.
A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña participaron onte na festa celebrada na tarde de na Alameda, na que os clubs ofreceron demostracións das actividades que poderán practicar os nenos e nenas de Marín.
Desde ás 16.30 horas e coa presenza da alcaldesa de Marín, María Ramallo, e dos concelleiros de Deportes, Antonio Traba e Antonio Caíña, celebrouse esta festa para a que se achegaron ata a Alameda onde os clubs participantes realizaron

demostracións e exhibicións deportivas, permitindo que os máis pequenos e as súas familias puidesen coñecer de primeira man as diferentes opcións que ofrece o programa municipal.
Catálogo da oferta de
deportesAs Escolas Deportivas Municipais volven ofrecer este ano un amplo catálogo de actividades: atletismo, baloncesto, boxeo, BTT, fútbol, fútbol sala, xudo, natación, pádel surf, pádel, piragüismo, remo, taekwondo, tenis, triatlón, vela,
voleibol, ximnasia acrobática e ximnasia rítmica, ás que se suma este ano a escola deportiva de hóquei que será unha das principais novidades desta edición é precisamente a incorporación do hóquei ao catálogo das Escolas Deportivas Municipais, unha actividade que será impartida polo Marinenses Hóquei Club.
Esta incorporación ten, ademais, un significado especial para o deporte marinense, xa que se inevitablemente serve como sentido recordo á familia falecida nos terremotos rexistrados en Venezuela, na Guaira: Yhosvany, Adela, Lía e Ulises, que foron a alma deste club na vila.

Nesta imaxen està toda a familia familia falecida en Venezuela co incipiente equip de hockei que eles mesmos fundaron
Deste xeito, o hóquei continúa formando parte da vida deportiva do municipio e pasa a integrarse tamén nesta iniciativa municipal de promoción do deporte entre os máis novos.
Mantense o precio público de participación
O prezo mantense, igual que en anos anteriores, en 55 euros por neno ou nena para toda a tempada, unha tarifa que abrangue a actividade durante todo o curso deportivo e, o prazo de inscrición, estará aberto do 7 ao 18 de setembro de 2026, mentres que as actividades comezarán a partir do 2 de outubro.
As idades, horarios e condicións específicas varían en función de cada disciplina. Toda a información está recollida na revista das Escolas Deportivas Municipais, dispoñible na web do Concello de Marín, onde as familias poden consultar a oferta completa, as idades recomendadas, os horarios, os lugares de realización das actividades e o procedemento de inscrición.
As inscricións realízanse directamente cos clubs deportivos participantes. As actividades desenvolveranse en diferentes espazos deportivos do municipio, incluíndo as instalacións deportivas municipais, os pavillóns dos institutos e a Escola Naval Militar, permitindo achegar a práctica deportiva aos diferentes puntos de Marín.
Declaración da alcaldesa María Ramallo

A alcaldesa, María Ramallo, puxo en valor durante a presentación a importancia dun programa que cada ano permite aos nenos e nenas do municipio acceder a unha oferta deportiva “moi ampla e diversa”, con disciplinas para todos os gustos e intereses.
Ramallo destacou que O obxectivo é que os máis pequenos poidan coñecer diferentes deportes, probalos e atopar aquel que máis lles gusta, ao tempo que se fomenta desde idades temperás a adquisición de hábitos de vida saudables e salientou :”O deporte vai moito máis alá da actividade física, xa que transmite valores fundamentais para o desenvolvemento persoal, como o traballo en equipo, a disciplina, o esforzo, a convivencia e a superación persoal, por iso, animamos ás familias de Marín a consultar toda a información das Escolas Deportivas Municipais e aproveitar unha oportunidade que, ano tras ano, permite aos nenos e nenas do concello achegarse a unha gran variedade de modalidades deportivas a través dunha oferta municipal con prezos populares”.
Toda a información sobre as Escolas Deportivas Municipais 2026-2027 pode consultarse en www.concellodemarin.es, onde está dispoñible a revista completa do programa.