Carriola.EdM 10.09.26
julio@carriola.es
A Alameda Rosalía de Castro concentrará o venres 11 de setembro, desde as 16:30 horas, a programación infantil, que rematará ás 19:30 horas cunha Festa Holi no Parque Eguren.
O Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e a Concelleira de Tursimo e Comercio, presentaron onte a Festa da Volta ao Cole, unha das principais accións da campaña “Volta ao Cole Estrela”, coa que a entidade busca incentivar as compras no comercio local e ofrecer ás familias unha tarde de lecer coincidindo co inicio do novo curso escolar.
Mañá venres día 11 na alameda

A festa celebrarase o venres 11 de setembro a partir das 16:30 horas na Alameda Rosalía de Castro, onde os nenos e nenas poderán desfrutar dun photocall con Estrelín, rochódromo, inchables, obradoiro para crianzas de 7 a 12 anos, ludoteca creativa, pintacaras para menores de 0 a 6 anos e unha feira infantil con 12 xogos tradicionais.
A programación terá o seu broche final ás 19:30 horas no Parque Eguren, coa celebración dunha Festa Final Holi, unha actividade chea de cor coa que Estrela de Marín quere despedir a xornada reunindo ás familias participantes.
As compras realizadas desde o 1 de setembro dan acceso ás actividades
A participación estará directamente vinculada ás compras no comercio local. Para acceder ás actividades será necesario amosar un ticket de compra dun establecemento asociado a Estrela de Marín, con data do 1 de setembro de 2026 en adiante.
Deste xeito, non será necesario realizar a compra o propio día da festa, xa que serán válidos os tickets acumulados desde o inicio do mes, facilitando que a clientela que xa realizou as súas compras da Volta ao Cole poida participar.
Desde Estrela de Marín animan ás familias a gardar os seus tickets de compra e participar nunha xornada que pretende converter o inicio do curso nunha nova oportunidade para descubrir e apoiar o comercio de proximidade.
A Festa da Volta ao Cole forma parte da campaña “Volta ao Cole Estrela”, que inclúe tamén o sorteo de 300 euros en tarxetas regalo mediante o rexistro de tickets na App Comercio de Marín, cupóns personalizados de fidelización, coloreables de Estrelín e a iniciativa “Escaparates Estrela Dixitais”.
A actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través de Comercio Galego, conta coa colaboración do Concello de Marín e está organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e Comercio de Marín.