Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Luisa Sánchez presenta o “Plan ProDeporte”, para mellorar os equipamentos e instalacións dos Clubs deportivos

Carriola.Dep.Prv. 10.09.26

julio@carriola.es

A vicepresidenta mantivo en Vigo un encontro cunha trintena de entidades deportivas para explicar os detalles da convocatoria e resolver as súas dúbidas. As axudas permitirán financiar obras e actuacións de mellora, así como a adquisición de equipamento deportivo, con achegas de ata 15.000 euros por entidade

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, mantivo un encontro cunha trintena de clubs deportivos da provincia para presentarlles o novo Plan ProDeporte, a nova liña de axudas da institución provincial destinada a apoiar investimentos que permitan mellorar as instalacións e os medios materiais das entidades deportivas.

Na reunión celebrada na sede de Vigo, na que tamén participou a directora de Deportes, Xisela Aranda, os representantes dos clubs puideron coñecer de primeira man as características da convocatoria, así como formular preguntas e resolver dúbidas sobre o procedemento de solicitude. Ademais, recibiron unha guía práctica que explica os principais aspectos da convocatoria de xeito claro.

“Queremos que ProDeporte sexa unha ferramenta útil para os clubs, que lles permita afrontar melloras que necesitan e que moitas veces non poden asumir cos seus propios recursos”, salientou Luisa Sánchez. Nesta liña, sinalou que a Deputación “non só achega as axudas, senón que tamén quere acompañar aos clubs, facilitar a tramitación e dar a coñecer a convocatoria en detalle”.

O Plan ProDeporte conta cun orzamento inicial de 1,8 millóns de euros, con posibilidade de ampliar o crédito por outros 1,8 millóns en función do volume de solicitudes e da dispoñibilidade orzamentaria. As axudas están dirixidas a clubs deportivos da provincia sen ánimo de lucro que participen en competicións oficiais ou conten con licenzas federativas de deportistas que participen en competicións oficiais de carácter individual.

As subvencións permitirán financiar obras de mellora ou creación de instalacións, equipamentos e espazos deportivos, así como a adquisición de equipamento deportivo e doutro material inventariable necesario para o funcionamento dos clubs. No caso das obras, as axudas poderán oscilar entre os 5.000 e os 15.000 euros, mentres que para a adquisición de equipamentos serán de entre 1.000 e 5.000 euros. Se se combinan ambas as modalidades, o límite máximo será de 15.000 euros.

Ademais, a convocatoria establece que as subvencións poderán cubrir ata o 100% do investimento subvencionable, dentro dos límites establecidos para cada modalidade.

 

roslev