Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Centro de Día ofrece un obradoiro de achegamento ás novas tecnoloxías para maiores que se fará na Casa de Cultura de S. Xulián

Carriola.CdD 11.09.26

julio@carriola.es

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público dende o mércores 16 de setembro ata o 2 de decembro de 2026.

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, realizará dende o vindeiro mércores 16 de setembro ata o 2 de decembro de 2026 un obradoiro de Achegamento as Novas Tecnoloxías en horario de mañá, dende as 11:00h ata as 12:00h, na Casa da Cultura de San Xulián.

O obxectivo deste obradoiro é ofrecerlle á comunidade os nosos servizos e contribuír no benestar social das persoas maiores do municipio. Con este obradoiro pretendemos brindar apoio ás persoas maiores no uso das novas tecnoloxías para que poidan desenvolverse na súa vida diaria e sexan coñecedores tanto das u?lidades e beneficios como dos perigos e limitacións do seu uso.

O teléfono de contacto para anotarse é o  636 578 034 sendo preciso chamar ou mandar unha mensaxe para facer a inscrición, e a dirección da Casa da Cultura de San Xulián é Carretera de Figueirido - Iglesario nº28 (Marín). 

roslev