Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG solicita a retirada de enseres acumulados ao carón dos contedores

Carriola.Celia García.19.09.26

julio@carriola.es

Desde o BNG pedimos revisar e limpar todos os puntos afectados, reforzar medidas preventivas e impulsar unha campaña de concienciación sobre a recollida de residuos voluminosos

Celia García

O BNG trasladou no último pleno municipal, celebrado o xoves 10 de setembro, unha demanda reiterada da veciñanza relacionada coa limpeza das illas de contedores. En concreto, esta formación nacionalista fíxose eco das queixas pola acumulación de mobles, enseres e outros residuos voluminosos en diferentes puntos do núcleo urbano e das parroquias. O BNG, advirte de que esta situación se repite en distintos lugares da vila, xerando problemas de limpeza e salubridade, dificultando o acceso aos contedores e deteriorando a imaxe dos espazos públicos.

Ante esta demanda reiterada, solicitamos ao Goberno municipal que realice unha revisión de todas as illas de contedores do concello e proceda á retirada inmediata dos residuos acumulados. Ademais a organización propuxo poñer en marcha unha campaña de concienciación e información sobre o servizo de recollida de enseres e residuos voluminosos.

Así mesmo, considérase necesario que o Goberno local analice as causas polas que estes depósitos se producen de maneira reiterada e valore a adopción de medidas complementarias nos puntos máis afectados.

O BNG sinala que non abonda con retirar os residuos unha vez que xa están acumulados. Cómpre ofrecer información clara e accesible, adoptar medidas preventivas que contribúan a evitar a aparición de vertedoiros incontrolados para garantir o correcto funcionamento dos servizos municipais neste eido.

Celia García Santomé é Concelleira do Grupo Municipal do BNG.

roslev