Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Vintecinco clubs participan mañá sábado na regata da “Liga Caiac” no que será o “I Memorial Crisanto Gil”

Carriola.Redacción.25.09.26

julio@carriola.es

A proba foi presentada onte no Concello polo representante do club Tambo, Luis Pesqueira, a quen acompañaba o concelleiro de deportes, Antonio Traba  ereunirá a 184 piragüistas e 25 clubs de toda Galicia en dous percorridos pola ría.

A dársena portuaria e o Paseo Alcalde Blanco do Concello de Marín acollerá este sábado a 3ª Regata da Liga de Caiac de Mar, unha cita que nesta ocasión revístese dun cariz moi emotivo ao celebrarse como o “I Memorial Crisanto-Gil”. 

Esta edición nace como un recoñecemento á figura de Crisanto Gil, fundador do club local, falecido mentres adestraba. A iniciativa xurdiu a petición dun dos seus netos para renderlle homenaxe, unha proposta á que o club se sumou de inmediato.

Máis de 180 piragüistas e dous percorridos pola ría

A competición contará coa participación de 184 piragüistas inscritos pertencentes a 25 clubs de toda Galicia. A proba medirá a deportistas desde a categoría cadete ata veteranos, tanto en modalidades masculinas, femininas e mixtas.

As categorías xuvenil e de adultos en adelante farán un percorrido de 10 quilómetros a partir das 15.30h, saíndo de Aguete, facendo parada na Illa de Tambo e finalizando no noso Paseo Marítimo. Ás 17.30h, será o momento dos cadetes, cuio traxecto será de 5 quilómetros.

roslev