Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A rehabilitación da rúa “Aniñada” e a nova pista deportiva na Praza de España contan con 400.000 euros da Deputación

Carriola.Redacción.25.09.26

julio@carriola.es

Dúas actuacións de obras no concello de Marín foron onte obxecto da valoración das ofertas presentadas por parte da Mesa de Contratación, obras que corresponden a realizacións que se farán dentro do “Plan +Provincia” e o” Plan Extraordiario de Infraestructuras Deportivas”

A dotación de fondos provincial para a realización de obras necesarias para a vila é unha forma de financiación esencial dos concellos e que lle permite a Marín seguir avanzando na súa mellora e transformación.

Onte celebráronse dúas Mesas de Contratación para avaliar as ofertas e propoñer adxudicar dous proxectos que se financiarán con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra e que comezarán pronto a súa execución. En ambos casos, a empresa Caldevergazo presentou a oferta máis vantaxosa.

170.000 euros para a “Renovación integral en Aniñada”

Por unha banda, está a renovación integral da Rúa Aniñada, que conta cun orzamento cercano aos 170.000€. Esta intervención contempla a continuación da Rúa da Costa ata o Cruceiro do Vento, nun tramo moi solicitado pola cidadanía debido ao mal estado actual do firme e das redes de servizos.  Trátase dun acceso fundamental para a conexión cos centros educativos e dos núcleos de Porteliña, Sete Espadas e Cruceiro do Vento co casco urbano.

A nova  Pista multideporte suporá unha inversión de 227.000€

A outra actuación ten que ver coa renovación das actuais pistas deportivas anexas á Praza de España e ao Auditorio, que se atopan en moi mal estado. Con esta actuación, preténdese renovar este equipamento tan utilizado, procedendo á súa retirada e á colocación dunha nova pista con mellores calidades e prestacións.

Ademais, formigonarase toda a súa base para poder poñer a nivel o espazo que ocupan os accesos ao Auditorio co entronque co carril bici da Avenida e Ourense e rematar así esta zona urbana.

O deseño desta nova pista será acorde coa renovación urbana de todo ese corazón entre a Alameda e a Praza de España e permitirá practicar distintos deportes grupais, como fútbol, baloncesto… Suporá unha inversión de cerca de 227.000€.

roslev