Carriola.Dep.Prov.26.09.26
julio@carriola.es
Trátase do programa +Emprega nos Concellos, a través do cal os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia recibirán axudas do organismo provincial para contratar a entre unha e tres persoas, segundo a súa poboación
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, acaba de anunciar un investimento de preto de 2,2 millóns de euros para que 129 mozas e mozos desempregados teñan a súa primeira experiencia profesional nos concellos da provincia. Trátase do programa +Emprega nos Concellos, cuxas bases reguladoras e convocatoria acaban de ser aprobadas en Xunta de Goberno do organismo provincial.
“Seguimos sumando e avanzando con proxectos para fomentar o emprego que supoñen, tamén, mellorar a calidade de vida dos máis novos e que teñan oportunidades sen irse da casa, na nosa provincia.”, asegurou Luis López. Deste xeito, tal e como detallou o presidente, +Emprega nos Concellos ofrece 129 contratacións laborais dun ano de duración baixo a modalidade de contrato formativo nos concellos de menos de 50.000 habitantes. Os 11 concellos da provincia con ata 3.000 habitantes terán á súa disposición un contrato, os 25 con entre 3.001 e 10.000 habitantes 2 contratos, e os concellos con entre 10.001 e 50.000 habitantes poderán solicitar ata 3 contratos.
A contía máxima da achega que se concederá por cada contrato formativo dependerá do nivel de estudo e o salario non poderá ser inferior ao 70% para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente aos estudos e funcións desempeñadas.