Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marín acolle a presentación do XaxanCx 2026, proba internacional puntuable para a Copa de España de Ciclocross

Carriola. Redacción. 07.10.2026

A cita, organizada polo XSM Club, disputarase este domingo na contorna do Xaxán e reunirá a 380 ciclistas de países como España, Francia, Portugal ou Bélxica

Concello de Marín acolleu a presentación oficial do XaxanCx 2026, cita clave do calendario ciclista nacional e internacional. O acto contou coa presenza do concelleiro de Deportes, Antonio Traba; a responsable do Plan Social de ENCE, Ana de Salas; Irene Trabazo, en representación do XSM Club (entidade organizadora), xunto a outros representantes do club; e Daniel Rosales, da Comunidade de Montes de Santomé de Piñeiro.

Proba internacional puntuable

O XaxanCx 2026 constitúe unha carreira internacional puntuable para a Copa de España de Ciclocross. A competición celebrarase este domingo pola mañá, dando inicio ás 10:00 horas. A cita reunirá a un total de 380 corredores, destacando a presenza de pelotóns internacionais procedentes de Francia, Portugal e Bélxica.

Circuíto e desenvolvemento da xornada

O circuíto estará situado na contorna do Xaxán, coa entrega de premios na zona do Parque de Lagocheiras. O programa deportivo abranguerá todas as categorías de ciclocross:

- 10:00 horas: Arranca a competición coa proba de cadetes.

- A continuación: Disputaranse as probas internacionais nas categorías junior (masculina e feminina) e élite e sub-23 (feminina e masculina)

- Pola tarde: Será a quenda dos grupos de idade (máster). Ao tratarse dunha competición internacional, a entrega de premios realizarase de xeito continuo ao remate de cada unha das carreiras ao longo de toda a xornada.

roslev