Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia organiza unha nova edición das “Xornadas Micolóxicas” que teràn lugar nesta semana

Carriola.Redacción.20.10.26

julio@carriola.es

O Ateneo Santa Cecilia de Marín anuncia unha nova edición das súas Xornadas Micolóxicas, un evento xa consolidado no outono marinense e dirixido a todas as persoas afeccionadas ao mundo dos fungos e cogomelos.

O ciclo de conferencias terá lugar no local do Ateneo (Rúa do Forno, nº42, baixo) do 21 ao 23 de outubro, culminando cunha saída ao monte o sábado 24 de outubro pola mañá. Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre ata completar aforo.

O obxectivo destas xornadas, organizadas coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín, é ofrecer unha formación completa e de calidade, combinando a divulgación científica coa posta en valor do patrimonio micolóxico galego.

PROGRAMA DAS XORNADAS:

As conferencias, todas ás 20:00 horas, contarán con persoas destacadas do sector:

  • Mércores, 21 de outubro: Charla Introdución á Micoloxía, por María Cabaleiro, bióloga e doutora en etnomicoloxía. Membro de MycoGalicia.
  • Xoves, 22 de outubro:Charla Bos cogomelos comestibles, por Hugo Fernández, biólogo especialista en biodiversidade e conservación. Membro de
  • Venres, 23 de outubro:Charla Cogomelos dos soutos galegos, por Jaime Blanco, micólogo e presidente da Asociación Micolóxica BRINCABOIS.

Saída ao Monte:

Como peche, o sábado 24 de outubro terá lugar a tradicional saída ao monte (en horario de mañá). Unha actividade práctica impartida por Jaime Blanco onde as persoas participantes poderán identificar distintas clases de fungos no seu hábitat natural.

O lugar e a hora decidiranse entre o público asistente á charla do venres 23.

roslev