Carriola.CdM.20.10.26

O “Centro Comercial Aberto” valora moi positivamente nunha nota de prensa remitida o balance da campaña extraordinaria "Que é un comercio", promovida polo CCA Estrela de Marín destacando entre outros datos:
“* 484 persoas no acto final celebrado no Auditorio de Marín.
* 15.538,57 € acumulados en movementos durante a campaña.
* Preto de 200 novas altas no sistema de fidelización de Comercio de Marín.
* Centos de agasallos canxeados mediante a acumulación de puntos.
* Arredor de 500 escolares participantes na actividade educativa desenvolvida durante a campaña”.
Na mesma nota sinalan que “O acto final contou coa participación de

Esther Estévez e Estrelín e culminou coa representación de A nena que quería navegar, de Redrum Teatro, nun Auditorio repletoe, o remate da función, decenas de nenos e nenas achegáronse ao photocall para fotografarse con Estrelín, poñendo o peche a varias semanas de actividades arredor do comercio local, a infancia, a cultura e a fidelización”.