Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O 25N fará un recoñecemento especial ás mulleres asasinadas pola violencia machista e as que conviven con ese risco

Carriola.CdM.05.11.26

julio@carriola.es

Marín transforma o Lazo Violeta nun rexeitamento colectivo á violencia exercida contra as mulleres e un recoñecemento á súa memoria, dignidade e esperanza e, ao respectom o Consello Municipal da Muller acordou recoñecer de forma simbólica ás mulleres asasinadas por violencia machista, ás que aínda están atravesando unha situación así e as que conseguiron saír dela

O Concello de Marín dará un novo sentido ao Lazo Violeta na conmemoración do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres”. Tras a decisión adoptada no Consello Municipal da Muller, os tradicionais premios que se entregaban cada ano no acto institucional converteranse nun recoñecemento colectivo ás mulleres asasinadas pola violencia machista, a todas aquelas que seguen padecéndoa e as que conseguiron escapar dunha situación así.

Eixos do novo enfoque do 25N

A memoria, a dignidade, a reparación e a esperanza serán os eixes deste novo enfoque. O recoñecemento Lazo Violeta quere dignificar as vítimas e expresar o compromiso de toda a sociedade coa súa causa, evitando a revitimización e situando o foco na responsabilidade dos agresores.

Esta transformación terá tamén o seu reflexo na estrutura do acto institucional do 25 de novembro. Non haberá unha persoa ou entidade concreta que recolla un premio, senón un recoñecemento compartido que incorporará testemuños e historias de mulleres, tratados desde a delicadeza e o respecto e mostrando distintas situacións para que todas as mulleres, independentemente do punto no que estean, poidan sentirse recoñecidas e interpeladas.

Desde o Concello de Marín reivindican a importancia do 25N como unha data que sitúa a violencia contra as mulleres na primeira liña da axenda pública e reforza a necesidade de manter unha resposta colectiva durante todo o ano. Segundo os últimos datos oficiais dispoñibles a 4 de novembro, publicados polo Ministerio de Igualdade o 30 de outubro, 44 mulleres foron asasinadas en España polas súas parellas ou exparellas no que vai de 2026.

Sensibilización fronte ás violencias dixitais e á submisión química

Por outra banda, a conmemoración deste ano poñerá tamén o foco nas formas de violencia que afectan especialmente ás mulleres novas, tanto no ámbito dixital, coa ciberacoso e o mal uso da IA, como nos espazos presenciais, coa submisión química.

Neste marco, o CIM está a desenvolver unha campaña específica para dar a coñecer as chamadas pulseiras centinela e explicar o seu uso. Estes recursos estarán á disposición das persoas que os precisen nos Puntos Violeta dos eventos multitudinarios.

As pulseiras permiten realizar comprobacións sobre a posible presenza de determinadas substancias nas bebidas, dentro dos límites de cada test, relacionadas cos delitos de submisión química, complementando o traballo posterior de atención sanitaria no caso de sufrir unha situación desta índole.

Información nos centros educativos

O traballo preventivo xa está en marcha nos centros educativos, onde se están impartindo sesións formativas desde finais de outubro e ao longo de todo novembro. O obxectivo é achegar coñecemento á mocidade, facilitar a identificación destas violencias e reforzar a capacidade de pedir apoio.

Con este novo enfoque do Lazo Violeta e coas accións de sensibilización, Marín quere facer do 25N un espazo de memoria e compromiso: recoñecer as mulleres que sufriron e sofren violencia, acompañalas e reafirmar que a responsabilidade corresponde sempre a quen a exerce.

roslev