Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Luz verde á proposta dos socialistas para que os detectores de presenza infantil nos vehículos sexan obrigatorios

Carriola.PSOE.05.11.26

julio@carriola.es

Desde Bruxelas chéganos unha nota de prensa referida á aprobación dunha proposta do eurodeputado socialista Nicolás González que polo singular interés reproducimos a continuación:

As comisións de Medio Ambiente, Transportes e Mercado Interior do Parlamento Europeo aprobaron hoxe por ampla maioría a proposta impulsada polo eurodeputado socialista Nicolás González Casares para que a Unión Europea obrigue a instalar sistemas de detección de presenza infantil nos vehículos novos. O obxectivo é evitar a “síndrome do bebé esquecido”, o falecemento por golpe de calor de menores no interior de vehículos, que se produciu en polo menos sete ocasións nos dous últimos anos en distintos países europeos.

A proposta foi aprobada a través de dúas emendas á lexislación do chamado “Ómnibus da Automoción”, que se tramita no Parlamento Europeo. As emendas establecen textualmente que “os vehículos das categorías M1 e N1 deberán estar equipados cun sistema que detecte ou identifique doutro xeito a presenza dun neno ou nena que permaneza no habitáculo despois de que o vehículo se apagase ou bloquease, e que proporcione unha advertencia eficaz e oportuna á persoa condutora ou usuaria do vehículo”. O texto sinala que a Comisión Europea deberá aprobar os requisitos técnicos como moi tarde o 30 de xuño de 2029, tendo “en conta os avances tecnolóxicos, a viabilidade técnica, a preparación do mercado, así como as normas internacionais”. A nova norma aplicarase 24 meses despois aos novos tipos de vehículos e 30 meses despois ás novas unidades de vehículos xa homologados.

“Vimos en España e Europa moitas noticias de nenos que son esquecidos nos coches, que falecen, e isto non pode ocorrer cando xa temos a tecnoloxía para evitalo. Temos coches que nos avisan practicamente de todo o que está a pasar, se esquecemos as chaves ou deixamos as luces acesas. A traxedia de esquecer un neno nun coche é facilmente evitable cun sistema de alerta”, sinalou Nicolás González Casares.

Laura Ballarín, portavoz socialista da Comisión de Mercado Interior, sinalou que o traballo dos socialdemócratas foi clave nas negociacións para que esta norma sexa obrigatoria canto antes, porque “cada ano de atraso pesará gravemente na nosa conciencia se volvemos ter noticia de que un neno faleceu atrapado nun vehículo, sabendo que poderiamos ter adiantado a aplicación desta medida de protección”, subliña a eurodeputada.

roslev