Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Luís López reivindica en Marín a xestión do PP para apoiar a Feijóo: "Nos chistes non gañaremos; en gobernar, non hai cor"

Carriola.Partido Popular (*) .10.11.26

julio@carriola.es.

O presidente provincial do PP de Pontevedra destacou onte no Museo Manuel Torres de Marín, o legado económico e a "cortesía institucional" do expresidente do Goberno, presente no acto celebrado na vila. O cabeza de lista ao Congreso, Julio García Comesaña, apelou ao voto útil na provincia para atender os "problemas reais" das familias fronte ao Executivo de Sánchez.

A candidata Marian Sanmerín presentando o acto

O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Luís López, convidou aos asistentes a facer memoria para comparar xestións e puxo en valor a etapa de Rajoy por sacar a España da crise, impulsar o crecemento económico, inaugurar liñas de AVE e aprobar orzamentos con "cortesía institucional" e sen insultos. Tras ligar este modelo ao de Feijóo indicou: "Nos chistes non gañaremos; en gobernar, non hai cor".

Luís López pediu onte en Marín o apoio para a candidatura de Alberto Núñez Feijóo de cara ás eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro, sinalando como principais avais a xestión demostrada polo expresidente do Goberno Mariano Rajoy —presente no acto— e o traballo desenvolvido no municipio pola alcaldesa, María Ramallo.

Pola súa banda, o cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra, Julio García Comesaña, reclamou un cambio de Goberno para resolver os "problemas reais" da xente, como o custo da cesta da compra, o acceso á vivenda ou o futuro das pensións, cuestións que acusou a Pedro Sánchez de desatender. Fronte a iso, García Comesaña reivindicou a experiencia de Feijóo á fronte da Xunta. Apelou a concentrar o voto útil no Partido Popular na provincia, advertindo de que dispersar apoios en formacións sen representación en Galicia acaba favorecendo a Sánchez.

(*) Información e fotos remitidas polo PP eproducida íntegramente

roslev