Carriola.CCM.19.11.26
O Cineclub Marín proxecta na noite de hoxe xoves 19 de novembro, “Antes de Nós” (2025), a longametraxe de

Ángeles Huerta que se achega á dimensión máis íntima de Castelao, alén da figura histórica e política.
A través da súa relación con Virxinia Pereira, a película reconstrúe episodios decisivos da súa vida nun relato sobre o amor, a perda e o compromiso con Galicia.
A directora de “O Corpo Aberto” ofrece unha mirada cinematográfica que combina memoria e emoción nunha das producións galegas máis destacadas dos últimos anos.
A sesión terá lugar ás 20:30 h no Hotel Villa de Marín. A entrada é libre para as persoas abonadas e establece unha achega colaborativa de 4 € para as non abonadas.
Máis información: cineclubmarin@gmail.com