Carriola.Redacción.20.11.26
Esta tarde, e dentro da programacion especial que neste mes ofrece o Ateneo Santa Cecilia polo seu 74 aniversario, terá lugar o acto de homenaxe aos socios máis veteranos como recoñecemento da entidade polo seu constante apoio
El matrimonio formado por Ana Campos e Vicente Hermida (ambos numerarios), e Lois González Dopazo serán os socios que esta tarde recibirán a homenaxe do Ateneo Santa Cecilia que celebra un acto no paraninfo do Instituto Illa de Tambo con este especial motivo no que se contará co concerto de "Sul Ponticellas", grupo creado en marzo de 2025 polas intérpretes Lorena Yáñez, Jessica Gonçalves, Paula García e Verónica Valido que, grazas á súa ampla experiencia artística como integrantes de bandas municipais, agrupacións de cámara e orquestras sinfónicas, o cuarteto ofrece un repertorio moi variado que abarca desde obras clásicas e do repertorio operístico ata adaptacións e arranxos da música actual, con representación de estilos tan diversos como o tango, a balada, o pasodobre, o pop e o rock, entre moitos outros.
“Sul Ponticellas” ten ofrecido numerosos concertos polo territorio galego e estatal, así como múltiples actuacións en cerimonias, actos, eventos, sesións vermú... Ademais, foron entrevistadas en medios de comunicación como Radio Voz Coruña e La Voz de Galicia.
No concerto do próximo 20 de novembro farán mostra desta gran variedade de estilos que domina a formación, interpretando algunhas pezas clásicas moi coñecidas como Guillermo Tell, grandes éxitos internacionais do pop e rock como Mamma Mia ou Eye.of the Tiger e cancións que forman parte da vida de calquera persoa española como Mi gran noche.
Será esta unha emotiva noite para os asistentes a este acto tradicional do Ateneo Santa Cecilia en cada cumplimento do seu aniversario