Carriola.Redacción.01.03.22
Segundo informa a asociación comercial “Estrela de Marín, “Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", a gañadora foi Noelia Nuñez Hermida, que selou a súa tarxeta nos establecementos Manolo "O Maño", Carnicería Manuel Angel e conxelados Silverio Iglesias, polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.
Neste caso, Noelia non forma parte do club de fidelización de "Comercio do Morrazo", polo que non recibirá na súa tarxeta de fidelización 50€ a maiores. Recordamos que formar parte do club de fidelización é gratuito, e polas compras efectuadas, acumúlase unha porcentaxe do importe das vendas.
O acto de entrega do premio terá lugar hoxe 1 de marzo ás 12.00h no establecemento Manolo "O Maño", no transcurso do mesmo a gañadora recibirá os 150€, en vales compra."