Hoxe tería que estar Marín chorando pola sardiña que co seu finamento pon remate (ainda que nin eso é certo) ao Entroido de Marín cada ano. Nesta ocasión a sardiña no da finado porque foi atacada co Covid e atópase la UCI das sardiñas... desta salvouse, cousas do Entroido.
Pero en Carriola de Marín non queremos deixar pasar polo menos a lembranza desta singular celebración do remate do entroido marinense e botamos man do noso arquivo fotográfico para deixar aquí unhas estampas do que foi o Enterro da Sardiña do ano 2009. Daquela chovía pero ni así se suspendeu tan fúnebre acto que se fai ainda que caian chuzos.
A saída do antiguo Ateneo foi ás oito en punto da tarde como manda a tradición e, despois do velatorio no palco da música. A comitiva precedida de cornos, botafumeiros de zufre, estandartes das cofradias de canto peixe hai, o catafalco coa pobre sardiña do ano e, tras del, o bispo e os seus “colitos”; autoridades, banda de música, choronas e demáis, percorreu as rúas de Marín onde se amontonaban os curiosos daquí e de fora que arrepiados escoitaban os gritos das viuvas edulcorados coa música da banda ¡e que banda!, presidida polo célebre director “Boneti”, ataviado das mellores galas.
Chegados ao palco ubicado na Praza de España, o frade maior leu o pregón da sardiña, ¡¡¡Chorade!!! gritaba de parágrafo en parágrafo ata o final da intervención. O Bispo iniciou o “rezo” da centenaria ladaíña que vai desde “un ollón / dous ollóns / tres ollóns /catro ollóns/ e sinco ollóns/ , ata invocar a canto peixe hay no mar mentras o público respondía “eso para nos” ou “Iso para vos” segundo a calidade dos peixes invocados.
E dahí ao porto, douscentos metros de tristura ata que a sardiña fou asulagada no mar de Marín como remate do Entroido.
Este breve relato pódese facer do ano 2009, do ano 1909 ou do ano 2069 porque o Enterro da Sardiña de Marín manten a súa estructura prácticamente inaltarada desde que saiu o primeiro ano, so interrumpida pola dictadura durante varios anos ou polo Covid nos últimos dous.
O ano que ven voltaremos a chorala, ¡pobre!.