Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Coa xornada das “Letras Galegas” remata un denso programa de actividades coa entrega do Premio de Poesía Concello de MarínCarriola.

Carriola.Reacción.17.05.26

julio@carriola.es     

Desde o pasado xoves vense celebrando en Marín a “Vila de Letras” con un contido denso de actividades programadas polo concello que teñen hoxe o seu punto e final con, entre outros actos, o da entrega do premio de poesía “Concello de Marín” a María Álvarez Martínez e tamèn un accesit a Antón de Dios Riveiro

O acto institucional da xornada de hoxe, “Día das Letras Galegas”, dará comenzo ás doce do mediodía e nel farase entrega do Premio de Poesía Concello de Marín  a gañadora do certamen, María Álvarez Martínez pola súa obra “Outros Contiños de Canterbury”. A autora premiada é licenciada en Filoloxía inglesa. Actualmente, exerce como profesora no ensino secundario. Residiu dous anos nos Estados Unidos, o que inspirou o poemario gañador do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo: Dakota. No 2025 foi galardonada coa Residencia Literaria Aodh Ruadh Ó Domhnail (Irlanda). Compaxina o seu labor profesional cunha carreira musical dentro do grupo Os Residuos Atractivas.

No mesmo acto recibirà o accesit do concurso Antón de Dios Riveiro (Cee, 1985), polo sei poema “Do meu nome”. Dios Rivero é Licenciado en Tradución e Interpretación pola UVigo con dous mestrados, un en Traducción Multimedia e Audiovisual e outro en Formación do Profesorado. Actualmente, exerce como docente de inglés no IES Terra de Soneira de Vimianzo. Ten publicadas varias obras: As Mans Atlánticas da Ausencia, Alén do Corpo e Apatria. Ademais, gañou o segunfo premio no XVIII concurso de poesía das Terras do Chamoso.

Outros actos do programa

Segundo aparece na programación oficial, durante a xornada de hoxe haberá outros actos moi interesantes dentro da exaltación das nosas “Letras Galegas”: Así:

  • De 11.00h a 20.00h, feira do libro usado “Unha dorna de libros, un mar de ilusión” organizada polas Mulleres Intercambio do Saber.
  • Acto Institucional: Ás 12.00h terá lugar a entrega do XXIII Premio de Poesía do Concello de Marín, co recital da persoa que resulte gañadora. O xurado reúnese esta semana e o fallo darase a coñecer o 14 de maio.
  • Infantil: Obradoiro de ilustración con Chus Rojo (11.00h) e unha performance de radio da editorial Cuarto de Inverno sobre a vida de Begoña (12.30h), onde se repartirán exemplares de Begoñísima da autora local Andrea Nunes Brión.
  • Remate: A tarde contará co contacontos “As letras que voan con nome de muller” de Trémola Teatro (18.00h) e o concerto da Banda de Música de Marín, cun peche tradicional de queimada.

Éxito onte do grupo “Máis Cantos” con Nelson Quinteiro

Os actos da tarde de onte tiveron como remate a actuación do grupo “Máis Cantos” baixo a dirección de Nelson Quinteiro na alameda Rosalía de casro once encandilaron a un numeroso público que gozou coas cancións populares interpretadas co corazón de todos e todas as compoñentes do grupo que se acompañaron nas mesmas co ritmo dos libros que portaban como homenaxe al Día das Letras Galegas.

roslev