Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG convoca para mañá unha nova concentración ante o Centro de Saúde na defensa da Sanidade Pública

Carriola.Redacción.27.04.22

Lucía Santos, fai un chamamento para “animar á cidadanía a asistir á concentración como mostra de denuncia social ante a política de recortes e privatizacións que o PP leva aplicando na sanidade pública”. Esta nova mobilización terà lugar mañça xoves as 11,30 horas diante do Centro de Saúde de Marín

 A portavoz municipal de Marín, Lucía Santos, fai un chamamento para animar á cidadanía a asistir á concentración como mostra de denuncia social ante a política de recortes e privatizacións que o PP leva aplicando na sanidade pública.

Santos Omil denunicia que Os servizos de atención á cidadanía que ofrece o Centro de Saúde de Marín continúan en estado precario, con baixas de persoal médico que non son subtituídas o que conleva días de espera para obter unha consulta médica, falta de persoal administrativo que sigue ocasionando problemas na atención telefónica e se falamos de citas médicas para fisioterapia ou dentista, o tempo de espera é de varios meses como xa levamos moito tempo denunciando.

 Recortes e privatizacións

O BNG por boca da súia portavozs municipal entende que As políticas de recortes e privatización de servizos na sanidade que leva aplicando Feijoo nos últimos 12 anos está levando ao desmantelamento da sanidade pública para beneficio da privada poñendo en perigo un servizo tan importante e esencial como é a atención sanitaria. Marín súmase a unha longa lista de concellos afectados polos recortes na sanidade pública como son Moaña, Cangas, Vilagarcía, Sanxenxo, Vigo, Tomiño ou Lalín.

 Lucía Santos remata considerando:  “non podemos permitir a normalización dos recortes na asistencia primaria polo que seguiremos demandando maior dotación de medios económicos e humanos por parte do SERGAS.”

 

 

 

roslev