Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O campión do mundo Gómez Noya visita o colexio A Laxe onde presenta súa fundación “Pho3nix Kids Triathlon by J.G.N.”

Carriola.Redacción.15.04.23

O CEIP Plurilingüe da Laxe recibiu onte ao cinco veces campión do mundo Javier Gómez Noya da man da Fundación “Pho3nix Kids Triathlon by Javier Gomez Noya”. O alumnado participou en diferentes probas e levou a cabo actividades deportivas no centro co equipo da fundación e o mesmo Gómez Noya.

Un momento da visita do campeón ao CEIP A Laxe

Tal e como indica Gómez Noya: “esta Fundación busca que os nenos e nenas poidan comezar a experimentar co deporte, adquirir hábitos saudables e os valores fundamentais que transmite, xa que o deporte non só é esencial para a saúde física, senón tamén para a saúde mental e como forma de educación dos máis pequenos.
Con esta filosofía nace o “Pho3nix Kids Triathlon by Javier Gomez Noya”, coa intención de crear probas específicas para os máis pequenos, adaptadas para que nenas e nenos se divirtan, aprendan e teñan unha primeira toma de contacto cun deporte tan dinámico e completo.
Vivir unha especial experiencia

O que buscamos e no que imos poñer todo o noso esforzo - indicou - é que todas as mozas e os mozos que pasan polo Pho3nix Kids Triathlon by Javier Gomez Noya vivan unha boa experiencia e isto lles axude a facer deporte, hábitos saudables e valores como o compañeirismo, o xogo limpo e o esforzo por acadar un obxectivo establécense nas súas vidas. Porque estamos convencidos de que estas leccións e hábitos saudables lles axudarán no futuro, tanto dentro como fóra do deporte.”
Unha boa oportunidade contar con Gómez Noya

O CEIP Plurilingüe da Laxe fomenta o deporte a través de iniciativas como estas e na súa práctica diaria establecendo rutinas en todas as aulas e todos os días da semana. Foi un pracer contar con Gómez  Noya e que o noso alumnado puidese desfrutar desta oportunidade, xa que un campión do mundo merece profunda admiración e respecto, xa que detrás destes títulos hai moito esforzo e dedicación.

roslev