Carriola. Redacción. 20.07.24
A inauguración contou coa presencia Elvira Martínez que dende esta edición da nome á mostra
Na tarde desde venres celebrouse no Museo Manuel Torres de Marín coa presenza de participantes e público a exposición anual de pintura dos alumnos de Patricia Otero da asociación Céltica que dende este ano leva o nome de ELVIRA MARTÍNEZ como recoñecemento á loita encansable de Elvira, muller do finado querido profesor Victor Castro, pola promoción cultural e a xustiza social, nun ano este ano moi especial para esta organización marinense polos recoñecementos recibidos tras os 20 anos de traxectoria.

Unha mostra, de grande vistosidade, conta con traballos con técnicas moi variadas unha vez máis. A autora do recoñecido cartazo das festas do Carme tamén leva un traballo a exposición que, a bo seguro, non deixará indiferente a ninguén. Pero o importante para Céltica é poñer en valor o esforzo de todas as persoas que veñen aquí a formar parte da familia Céltica. Os e as artistas que este ano reciben a súa homenaxe son NICOLÁS MAZZIOTTI, IRIA BERMÚDEZ E MILA ÁLVAREZ.