Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Stock Marín será entre o dous e o catro de Agosto

Carriola. Redacción. 21.07.24

Será a sexta edición desta feria de oportunidades y se ubicará como sempre na Alameda Rosalía de Castro

A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira, celebraron esta venres no salón de plenos do Concello de Marín o sorteo da distribución dos espazos da VI Edición de “Stock Marín”. A montaxe desta edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais: 19 de 5*5m e 3 de 3*3m. Os establecementos participantes, ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 60%) productos relacionados cos seguintes sectores: moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, informática, alimentación, papelería, cosmética e perfumería, material escolar e xoguetería. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 e a entrada será gratuíta.

Consideran os promotores que nestes momentos, este evento é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da actual situación económica e do retraemento do consumo. Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento levarán un regalo promocional, consistente nun parasol, que se serigrafía cos logos da Xunta de Galicia, de Comercio do Morrazo e do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e de bolsas reutilizables. Os clientes deberán mostrar no stand de Estrela de Marín, o seu xustificante de compra.

Os establecementos participantes, todos eles de Marín, son: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Calzados Inés Marcos, Carmencitas, Ché-B-re Delirious?, Deportes Xesta, El Armario de Alia, El Rincón de Nicky Complementos, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés & Marcos, Paíno & Maína, Servilar Decoración, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica. O Concello asume parte dos custos da montaxe e do control e vixianza do evento. O evento ademáis, conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.

roslev