Carriola.Redacción. 23.02.25
julio@carriola.es
“Marín de Cine - Club Audiovisual” anuncia que desde o pasado día 15 está aberta a convocatoria para participar nos Premios John Balan, agora integrados dentro da Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín e que se celebrarán a finais de agosto e, con esta nova denominación, o festival busca fortalecer a súa identidade e conexión coa vecinñanza, ao tempo que se consolida como un punto de referencia para atraer ao talento local”, segundo indica, Dani Antelo, o principal representante da organización

Daniel Antelo
MAC MARÍN- mostra do Audiovisual e Cinema de Marín
"Xa anunciamos o pasado ano que as dúas actividades principais que celebrabamos na Vila xuntaríanse nunha soa- declara Dani Antelo que anuncia también - “A partir de agora, coñecerannos como MAC Marín - Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín, pero manteremos o premio do sombreiro en referencia a Balan e queremos ser o festival de todo Marín, polo que apostamos pola Mostra como nome identificativo da nosa labor".
No circuito internacional
Para o promotor desta xa consolidada realidade, a internacionalidade do festival era una gran aspiración “Claro - manifesta - e o festival, xa forma parte do circuíto internacional de series web grazas á credencial recibida da Web Series World Cup, representará unha excelente oportunidade de promoción non só para o Concello, senón tamén para as empresas que vexan nesta iniciativa unha plataforma para proxectar a súa imaxe ao exterior e a gardamos que o Concello volva ser parte do patrocinio do festival, así como aquelas empresas que queiran aproveitar esta oportunidade de visibilidade internacional", sinala Antelo”.
O futuro auditorio, unha gran oportunidade
Coa xa próxima consecución do auditorio, para a organización deste festival de cine ábrese unha gran oportunidade de crecemento. Dani Antelo xa presentou no Concello esa inquedanza sinalando “A necesidade de instalar unha pantaia de cine no auditorio, unha medida que respondería á crecente demanda de actividades e espazos dedicados ao cinema na localidade pois, esa pantaia sería un elemento práctico para todos os marinenses e ofrecería servizo aos festivais existentes na Vila, ademais de permitir albergar ciclos de cinema itinerantes como os do Mestre Mateo organizados pola Academia Galega do Audiovisual".
Neste sentido, a organización do festival ten previsto reunirse proximamente coa concelleira do Museo Torres, Itziar Álvarez, e coa alcaldesa, María Ramallo, para insistir na necesidade de contar cun equipamento de proxección adecuado. "Non tería sentido botar foguetes polo auditorio sen un equipamento técnico adaptado ás novas necesidades das organizacións culturais da vila", recalca Antelo.
Marín pode ser un niño de actividade cineasta
Antelo ten a intención de convertir a Marín nun polo cineasta “A través de proxeccións, obradoiros e actividades interactivas, MAC Marín convértese nun punto de encontro para afeccionados ao cine, profesionais do sector e público en xeral, cunha programación diversa que celebra a creatividade audiovisual e fomenta o diálogo cultural entre diferentes rexións e estilos cinematográficos, MAC Marín promete seguir atraendo producións innovadoras e cineastas emerxentes, consolidándose como un referente dentro do panorama cultural da provincia”.