Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG insta ao Goberno Local a solicitar subvencións para dotar ao Centro Cultural dun sistema de proxección audiovisual

Carriola.Tino Iglesias (*). 26.02.25

julio@carriola.es

Desde o Bloque Nacionalista Galego (BNG) instamos ao Goberno Local do Partido Popular (PP) a presentar solicitudes ás subvencións dispoñibles da Xunta de Galiza e da Deputación de Pontevedra para equipar o novo Centro Cultural cun sistema de proxección audiovisual de última xeración. O obxectivo é garantir que o espazo dispoña dos medios técnicos necesarios para a exhibición de contidos audiovisuais en alta resolución e con calidade de son óptima antes da súa inauguración.

A planificación actual do Centro Cultural non contempla a instalación dun sistema de proxección nin dunha pantalla axeitada para eventos audiovisuais e consideramos que esta carencia debe ser corrixida a través dos programas de financiamento vixentes, xa que a adquisición dun proxector dixital de alta definición e dunha pantalla ignífuga micro-perforada, adaptada ao escenario, permitiría ofrecer unha experiencia envolvente en imaxe e son.

O Concello pode optar ás seguintes liñas de subvencións para cubrir os custos deste equipamento:

  • Xunta de Galiza – Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (DOG 18 do 28/01/2025): convocatoria de axudas para a creación e mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
  • Deputación de Pontevedra – Plan + Provincia 2025: financiamento dispoñible dentro da Liña 1 do Plan de Obras e Servizos de competencia municipal.

A consolidación de Marín como referente cultural fai imprescindible que o Centro Cultural conte cun equipamento audiovisual acorde coas necesidades do sector. Eventos de gran repercusión, como o Festival de Cine do Mar, organizado polo Museo do Mar, ou a Mostra do Audiovisual e Cinema , promovida por Dani Antelo e recentemente integrada na Web Series World Cup, evidencian a crecente relevancia do audiovisual na programación cultural do Concello.

Ademais, a expansión do uso de recursos audiovisuais en producións teatrais e espectáculos fai necesario un espazo preparado técnicamente para acoller proxeccións, galas e eventos culturais de maior envergadura. Por todo isto, o BNG insta ao Goberno Local a actuar con celeridade na solicitude destas axudas, garantindo que o novo Centro Cultural se converta nun espazo moderno, funcional e adaptado ás esixencias do panorama cultural galego e audiovisual.

(*) Tino Iglesias García é Concelleiro do Grupo Municipal do BNG.

 

roslev