Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Museo Manuel Torres acolle esta tarde a presentación do novo libro de Elena Gallego “Ata que a Morte nos Separe”

Carriola.Redacción. 27.02.25

julio@carriola.es

A escritora Elena Gallego Abad presenta hoxe o seu libro “Ata que a Morte nos Separe” nun acto que terá lugar no Museo Manuel Torres ás oito da tarde con entrada libre ata completar aforo.

Elena Gallego presenta hoxe no Museo Torres o seu último libro “Ata que a Morte nos Separe”, unha novela negra que se desenrola no espacio galego íntegramente e a maioría do seu contido é un nó de complicado misterio que a autora vai debuyando a medida que transcorre o tempo mantendo a incertidume ata o derradeiro sospiro do relato.

O lector, a medida que vai coñecendo aos personaxes que interveñen familiarízase con cada un deles e fará sucesivas e variadas conxeturas sin que lle sexa doado acertar co punto final dos conflictos que suceden a bordo dun buque cruceiro que fai o camiño marítimo de Santiago pola costa galega e no que se producen graves acontecementos mesturados con amores e zozobras de navegación que conforman unha trama dramática que ata o final difícilmente o lector coñecerá o desenlace.

O libro, editado por Xerais, con 366 páxinas conten un texto de fácil lectura que en cada un dos capítulos fai aumentar o interés por coñecer o desenlace dos distintos entarimados literarios que presenta Elena con maestría e unha redacción que facilita a comprensión inmediata de cada un dos parágrafos do contido.

Os asistentes á presentación escoitarán da boca da autora as singularidades da súa obra e no transcurso do acto, os asistentes poderán interesarse por distintos aspectos da mesma en coloquio aberto coa escritora..

roslev