Carriola.GALP. 25.02.25
julio@carriola.es
O GALP Ría de Pontevedra organiza unha serie de xornadas informativas para presentar a nova convocatoria de axudas 2025, destinada a impulsar a aquelas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento sostible da ría, nos municipios da súa área de influencia (Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Meaño).
Os encontros, dirixidos ao tecido empresarial, asociacións, entidades do sector pesqueiro e público en xeral, servirán para dar a coñecer as bases da convocatoria (ORDE do 12 de febreiro de 2025), resolver dúbidas e prestar asesoramento para a redacción dos proxectos.
A primeira das xornadas celebrarase en Marín, hoxe xoves, 27 de febreiro, ás 19:00 horas no Espazo Emprendedor.
O GALP xestiona máis dun millón e medio de euros en axudas para a convocatoria 2025, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 e ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 21 de marzo.
As entidades, administracións ou particulares que estean desenvolvendo un proxecto susceptible de encaixar na convocatoria de axudas poden poñerse en contacto co GALP a través do teléfono 886 213 015 ou do correo electrónico gacpontevedra@gmail.com.