Carriola.Redacción. 04.03.25
As protagonistas do “8 de Marzo” en Marín serán este ano as mulleres que ocuparon postos de concelleiras alo longo da Democracia protagonistas da xornada reivindicativa que conterá coo acto principal o que se celebrarà no salón municipal de Plenos no mediodía desa data.
María Pilar Calviño Barreiro, María del Mar Santiago, María Luisa Calvar, Isaura González Dopazo, Consuelo Carnero Cerviño, María Isabel Martínez Epifanio, Enriqueta Otero Farto, María Isabel González Santiago, Margarita Fariña Pérez e María Francisca Salazar foron mulleres concelleirs no concello de Marín desde o comenzo da Democracia pertenecendo á Corporación Municipal nos seus distintos partidos que formaron gobernos e oposicións ao longo destes anos polo que a comisión organizadora dos acto do 8M ven a considera que “Todas elas foronunhas autécnicas pioneiras no mundo do activismo social e político, que estaban en minoría e que foron abrindo camiño na igualdade real e efectiva nos postos de xestión entre homes e mulleres”.
Imaxen da campaña obra de Belén Diz

As concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira xunto coa directora do CIM, Marián Sánchez desvelaron a imaxe da campaña deste ano, obra da ilustradora marinense Belén Diz e que representa a unha muller madura, forte, independente e sabia e que serve como representación de todas as que foron marcando o camiño para as demais.As representantes do Goberno local explicaron que a campaña estenderase durante toda a semana a través das redes sociais do Concello, “Onde - declarou Marián Sanmartín -publicaremos un spot no que reforzar a idea de que elas foron as primeiras en militar, con todo o que iso supoñía naquel momento, pero que non serán as últimas, posto que as mulleres debemos seguir reivindicando o noso espazo tamén na política e no activismo social”.
Ademais, o Concello anuncia que subirá ás súas canles de comunicación un vídeo con entrevistas ás concelleiras homenaxeadas, “no que contan as súas experiencias, que agora poden parecernos nalgúns casos tremendamente machistas pero que no momento, aínda que elas tiveron que sufrilas, a sociedade non as rexeitaba”.
Segundo engadiu Sanmartín, “Estas entrevistas teñen unha dobre función, facernos ver
todo o que se avanzou nalgunhas cousas e como outras aínda non mudaron e seguimos enfrentando os mesmos problemas”.
Clara Campoamor na Biblioteca
Ademais do acto institucional do sábado, o xoves 6 de marzo ás 20.00h haberá un
pase de cine na Biblioteca Pública Vidal Pazos coa proxección da película “Clara
Campoamor. La mujer olvidada”, que explora a vida doutra gran muller pioneira e, a maiores, repartirase entre os centros educativos da vila material de sensibilización para achegar a mensaxe da campaña ás xeracións máis novas