Carriola.Redacción. 05.03.25
O Entroido vivido tan intensamente en Galicia e en Marín particularmente desde o pasado venres, ten hoxe a súa ficticia última celebración como é o Enterro da Sardiña , unha festa de Interès Turístico de Galicia que atraerá como todo os anos a numerosas persoas para “chorar” ou para mirar. Pero aínda quedan “flecos” do progama
Máis dun século leva saindo en Marín a “sardiña” neste día do Entroido en que, coa entrada da coaresma, debería finalizar a troula aínda que non sexa así porque temos entroidos en Seixo e en San Xulián nos próximos fins de semana, e ainda queda o “Bolo do Pote” que a tradición pon no domingo de piñata pero parece que se retrasará para facelo coincidir coa andaina en favor da AECC.
E sendo así, a sardiña que tivo o seu velorio estes días atrás no concello con coche fúnebre na porta, recibirá os derradeiros adeuses no palco da música onde chorarán homes mulleres e nenos mentras botan un grolo de viño e saborean un anaco de pan de millo, como manda a tradición.

E chegada a hora, oito da tarde en punto, o catafalco, levado por “ferrudos mariñeiros de terra” portará a pobre sardiña ata a comitiva que se ha de formar na rúa Almuinha precedida de

cornos e faroles e botafumeiros de zufre e coa longa sucesión dos estandartes das confranias do polbo, do mexilón, da lura....

O Bispo, os acólitos baixo palio, e as autoridades coas mellores galas, seguirán ao catafalco que arrancará ao rimo da gran Banda de Música do Enterro e co canto da canción que moitas veces queda afogado polos berros das aflixidas: “Cantemos todos / La triste Suerte / Que dio la muerte / al Carnaval / Los ecos tristes / de la campana / suenan al fin/ din dan”

Banda de música co seu director Bonetti
que repetirá en todo o recorrido a mesma peza musical cargada de tristura. O Bispo aproveitará para dar as súas bendicións (máis ou menos) a dereita e a esquerda durante o camiño e, un dos acólitos, cunha bacenilla que contén algo así como viño, utilizando unha escobiña axeitada, lanzará tamén para uns e para outros, o rociado que todo enterro da sardiña que se precie.
Tras desta composición as viuvas, a maioría de loito rigoroso (e digo a maioría porque sempre hai algunha máis aqueladiña que fai de tripas corazón). E chora que chora, berro que berro, tras o percorrido inicial, a procesión ha chegar a Rúa do Sol onde, na escalinata de cerimonia, está instalada a parafernalia necesaria para semellante acontecemento.

Os portadores do catafalco depositarano aos pes da escalinata e, alá enriba, iniciarase a cerimonia tradicional. O Frade principal procederá a lectura do pregón no que falará do que por aquí ou por alá pasa e requerirá a intervención dos presentes “¡¡¡Chorade!!!
O Bispo iniciará a ladaíña “Un ollón, dous ollóns, tres ollóns, catro ollóns e sincollóns” e seguirá invocando a canto peixe hay no mar, bo ou malo, e segundo sexa o gusto, os fieles asistentes responderán “Eso para vos” ou “Comeremos nós”. Ao remate da ladaíña toca a “Bendición de Xan Carallás” e o Bispo dirixíndose ao público dirá con toda solemnidade: “Cela - Rabuñagatos e Cono de Vella”. Todos e todas han de responder “Ámer-da” e volverá a iniciarse a comitiva que, unha vez recomposta, dirixirase ao porto para lanzar a Sardiña a o mar onde quedará asulagada como as non menos de cen sardiñas antepasadas protagonistas da mesma troula no último século.
Catro cadenas de TV estarán presentes
Segundo nos aseguran varias cadenas de TV teñen previsto cubrir este acontecemento conectando durante todo o día nos seus diversos programas cos seus correspondentes . Pola mañán a TVG fara presente os preparativos no programa "O Termómetro"; Pola tarde a mesma "galega" estará a partir das cinco con entradas no "Quen anda aí" e, pola noite conectarán co momento da saída do enterro en "Hora Galega".

Pero tamén retransmitirán desde Marín con distintas conexións a "Sexta", "Cuatro" e "TVE" e desde o Ateneo anímase á xente que transmita o sentido do Enterro da Sardiña de Marín, festa de interés turístico, e que se acerquen ao veloiro que desde as cinco da tarde estará instalado no palco da música e será, con toda seguridade, un dos cadros de maior interés das televisións.