Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“A saúde e o benestar emocional na vellez” tema da charla que terá lugar no Museo Torres promovida polo Centro de Día de Marín

Carriola.Redacción. 18.03.25

julio@carriola.es

Pasado mañá, xoves, día 20 terá lugar no salón de actos do Museo Torres unha nova charla promovida polo Centro de Día de Marín sobre o tema “A Saúde e o benestar na vellez”, dentro do programa de charlas que a entidade ten previsto no proxecto “Charlas de Envellecemento Saudable”.

Segundo indica Carl Rodal, responsable do centro que funciona no edificio da antiga Casa do mar de Marín Falaremos sobre a importancia de envellecer coidando o corpo, mente e as emocións, promovendo unha vida plena e digna e, ademais reflexionaremos sobre o papel dos centros de día na mellora da calidade de vida das persoas usuarias e o apoio ás familias.

A charla será este xoves 20 de marzo as 12h da mañá no Local do Museo Manuel Torres con carácter de entrada gratuíta e aberta a calquera persoa que queira participar

roslev