Carriola.Lucía Santos Omil (*) 20.06.25
julio@carriola.es
Estamos a recibir queixas continuas polo mal estado dos parques infantís en todo o municipio. Falla mantemento e falla seguimento, e iso nun espazo onde xogan crianzas é simplemente inaceptable

Lucía Santos Omil
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de denunciar o estado de abandono que presenta o parque infantil da urbanización Virxe do Carme, coñecida como zona dos Suboficiais. Segundo trasladaron varias familias usuarias da área, a contorna atópase nun estado que consideran “perigoso” para os nenos e nenas.
Xa temos levado o caso á comisión informativa de parques e pedindo á súa presidenta, Cristina Acuña, que o Concello revise de urxencia as instalacións, e tamén solicitamos que se precinten os xogos que supoñan un risco ata que se leven a cabo as reparacións

necesarias pola presenza de estruturas de madeira podres e con risco de rotura, cordas de escalada soltas ou a piques de romper, buracos no chan e elementos totalmente deteriorados. Co perigo real de que a rapazada sufra danos. É incríbel que este parque siga aberto nestas condicións..
Esta situación non é puntual pois estamos a recibir queixas continuas polo mal estado dos parques infantís en todo o municipio. Falla mantemento e falla seguimento, e iso nun espazo onde xogan crianzas é simplemente inaceptable.
(*) Lucía Santos Omil é a voceira do Grupo Municipal do BNG.